Sectores

UGT propoñerá mañá na reunión do Ámbito de Negociación do Ministerio de Sanidade que os celadores sexan considerados persoal sanitario


O Ámbito debe avanzar en aspectos craves do Acordo para as Administracións Públicas subscrito co Goberno, UGT e CCOO como a clasificación profesional, a xubilación e a xornada laboral máxima

 

O sindicato solicitará mañá que se lle traslade o informe da avogacía do Estado sobre o Acordo de Recomendacións para a Aplicación do Proceso de Estabilización, aprobado do 21 de outubro polo Pleno da Comisión de Recursos Humanos Sistema Nacional de Saúde SNS)

 

Case 84.000 prazas estabilizaranse no SNS pola Lei 20/2021 de medidas urxentes para a redución da temporalidade

 

UGT Servizos Públicos instará, na reunión do Ámbito que se celebrará mañá no Ministerio de Sanidade, 27 de outubro, a axilizar os procesos de estabilización no Sistema Nacional de Saúde.

 

Segundo adianta UGT Servizos Públicos, poderán estabilizarse 83.740 prazas en virtude da Lei 20/ 2021 de Medidas Urxentes para a Redución da Temporalidade. Destas, 82.735 serán de persoal estatutario, 767 prazas de laborais e 238 prazas de funcionarios. Do total de 82.735 prazas para persoal estatutario, 20.751 irán a concurso oposición (artigo 2) e 61.984 a concurso de méritos (Disposición Adicional 6ª e 8ª). Das 767 prazas de laborais, 299 irán a concurso oposición (artigo 2) e 468 a concurso de méritos ((segundo a Disposición Adicional 6ª e 8ª). En canto ás 238 prazas de funcionarios, 9 irán a concurso oposición (artigo 2) e 229 a concurso de méritos (Disposición Adicional 6ª e 8ª).

 

Por territorios, Andalucía é a Comunidade Autónoma que máis prazas estabilizará, seguida de Comunidade Valenciana, Madrid, Canarias, Cataluña, Castela e León, Asturias, Baleares, Euskadi, Castela A Mancha, Galicia, Cantabria, Navarra, Estremadura, Murcia, Aragón, A Rioxa e finalmente o Ingesa. Segundo os datos obtidos dos boletíns oficiais publicados en cada territorio.

 

Ademais, o sindicato pide negociar, de inmediato, para o Sistema Nacional de Saúde cuestiones como a xubilación anticipada parcial e a clasificación profesional, que forman parte do Acordo Marco para a Administración do século XXI, asinado por UGT, CCOO e o Goberno o pasado 19 de outubro.

 

Ana Francés, secretaria de Saúde de UGT Servizos Públicos sinala que UGT “leva máis dunha década reclamando a creación do “novo” grupo B no ámbito dos Servizos Públicos de Saúde e co acordo que asinamos», por fin, ábrese a porta a unha solución definitiva.

 

O Acordo concreta que se debe aplicar e desenvolver plenamente o artigo 76 do EBEP durante 2023. Para iso crearase un grupo de traballo na Comisión de Seguimento do Acordo. Supoñerá a Creación do Grupo B (onde estarán encadrados os técnicos superiores), o paso dos técnicos (TCAEs etc.) ao subgrupo C1 e dos graduados en educación secundaria obrigatoria (Celadores etc.) ao subgrupo C2. Sobre este último colectivo de traballadores, Francés sinalou que “UGT propoñerá no ámbito que sexan considerados persoal sanitario”.

 

O acordo tamén inclúe outros obxectivos que a organización sindical fixou como prioritarios para mellorar as condicións laborais no sector como a xornada laboral de 35 horas semanais como máximo e a xubilación anticipada parcial.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.