Sectores

Conseguido: valoración máis xusta do tempo traballado para «orientación» e «prácticas e actividades»


Dende o Sector de Ensino de UGT Servizos Públicos levamos tempo defendendo que tanto o persoal orientador en primaria como os docentes da especialidade de “Prácticas e Actividades” se verían inxustamente valorados no concurso de méritos excepcional.

Na Mesa do 3 de outubro xa demandamos unha correción neste senso e a administración comprometeuse a valorala. A continuación iniciamos unha campaña que recibíu o voso apoio masivo.

Grazas a este esforzo conxunto, na Mesa de onte trasladousenos dende a Subdirección Xeral de Recursos Humanos que, finalmente, ós docentes destas especialidades lles será valorada a súa experiencia de xeito xusto.

Adiantáronnos que na Orde definitiva, que xa está enviada ó DOG  e será publicada en breve, as persoas que desempeñen funcións de orientación puntuaráselle ese tempo traballado dentro da súa especialidade de procedencia.

Asemade os periodos traballados  na especialidade de “Prácticas e Actividades” serán computables para a especialidade vinculada de  “Servizos á Comunidade”.

Celebramos o xusto éxito da nosa iniciativa mentres que insistimos en que tamén é primordial correxir a inxustiza que afecta ó profesorado de linguas estranxeiras. O atranco burocrático ó que se alude para non aceptar a nosa suxestión é que a EOI e Secundaria son corpos diferentes. Porén, os chamamentos para EOI que reciben os integrantes da listaxe de Secundaria non son optativos. Pedimos maior vontade de solucionar esta situación que afecta a decenas de interin@s na nosa comunidade e seguimos a traballar nese senso.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.