Sectores

UGT organiza o Congreso estatal de educación ‘Todos e Todas, co cambio educativo’


Desde o Sector de Ensino Federal de UGT-Servizos Públicos, propóñennos xerar un espazo de coñecemento, aprendizaxe e reflexión a través do intercambio educativo con propostas pedagóxicas innovadoras, para apoiar o desenvolvemento profesional dos e as docentes do ensino non universitario.

Así no vindeiro CONGRESO PRESENCIAL ESTATAL DE EDUCACIÓN tratarase:

  • A LOMLOE E O CAMBIO EDUCATIVO, coa finalidade de axudar ao profesorado para incorporar as novidades na planificación e impartición da súa práctica docente para o curso 2022-23 e sucesivos.
  • A EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE, para Garantir unha educación inclusiva e equitativa de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe permanente para tod@s.

As accións formativas deste Congreso están dirixidas ó profesorado de Educación infantil, primaria, secundaria e Bacharelato que imparten docencia en diferentes materias e etapas educativas.

Tamén poden participar as persoas que, non exercendo a docencia, terminasen os seus estudos de Grao e/o Mestrado de Secundaria.

A formación recibida está recoñecida con 20 horas, polo Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) polo que computa para o concurso de traslados, para sexenios e para o concurso de méritos dos procesos selectivos.

O prezo por asistir ó congreso é de 30 euros para os afiliados e afiliadas a UGT e 60 euros para non afiliados.

Accede aquí ó Programa xeral do Congreso e á Ficha de inscrición.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.