Sectores

Próxima publicación da resolución provisional do CXT para o corpo de mestres


Según información da Consellería, a resolución provisional do CXT para o corpo de mestres, que fora adiada, publicarase mañá martes 7 de marzo.

Recordamos que o pasado 24 de febreiro xa se publicara a Resolución provisional de adxudicación e de persoas excluídas do concurso de traslados dos corpos de catedráticos e PES, PT, EOI, música e artes escénicas, APD, profesores técnicos de FP, mestres de taller de APD e inspectores de educación

O prazo de presentación de reclamacións a esta resolución provisional ou renuncia á participación farase obrigatoriamente por medios electrónicos  entre o día 27 de febreiro e o 10 de marzo de 2023.

Como sempre, se tedes algunha dúbida, ou queredes información dos recursos que puideran resultar procedentes, podedes contar con nós. Estamos aquí.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.