Sectores

Resumo da Mesa Sectorial: concurso de traslados, concursos de méritos de estabilización e máis.


Da  Mesa que celebrada o 3 de outubro destacamos:

  • CXT:

-O prazo de presentación de instancias posiblemente comece o día 17 de outubro aínda que se podería adiar pola modificación do Real Decreto 1364/2010, do 29 de outubro, ou a Orde Marco por parte do Ministerio. Isto modificaría os prazos de comisión de servizos: concilia, saúde, atención preferente…

-Reiteramos a  necesidade de actualización da rede de orientación educativa e a negociación das prazas compartidas.

  • Estabilización

-Defendemos que todos os participantes ós que non resulte necesario revisarlles o seu autobaremo deberían ter dereito ó reintegro das taxas posto que non xeran custo extra á administración.

-Entendemos que se debería adscribir a valoración do tempo traballado como orientador de centros de primaria e infantil a calquera das especialidades do departamento de orientación.

-Asemade o persoal docente que traballou na especialidade de “Prácticas e Actividades” ten que presentarse obrigatoriamente pola especialidade de “Servizos á Comunidade” para poder permanecer nas listas pola vinculación que se lles presupón ás dúas especialidades. No entanto, esa vinculación non se recoñece agora na convocatoria. Debería computarse o tempo traballado en ámbalas dúas especialidades.

-A Consellería comprométese a valorar a proposta para as especialidades de orientación e de Prácticas e actividades.

 

Para acceder ó contido completo preme no noso Informa-t

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.