Sectores

IX Premio «Concepción Arenal» a proxectos educativos pola igualdade de xénero


Coa finalidade de promover políticas de igualdade e prevención da violencia de xénero na poboación infantil e adolescente e co obxecto de premiar o compromiso e implicación dos centros educativos públicos da provincia da Coruña que presenten un proxecto educativo que promova a igualdade entre homes e mulleres, levando a cabo medidas para a erradicación da violencia e encamiñadas á consecución da igualdade real, a Deputación da Coruña convoca o IX Premio «Concepción Arenal» a proxectos educativos pola igualdade de xénero, de acordo coas seguintes:

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase a partir do 29 de setembro de 2022 e rematará ás 14:00 horas do día 28 de outubro de 2022.

A convocatoria tramitarase de xeito telemático, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación da Coruña (SUBTEL) onde poderan descargarse a folla de aceptación das bases e o modelo do proxecto técnico a presentar.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.