O GOBERNO CENTRAL CONVOCA A MESA DE NEGOCIACIÓN COMPROMETIDA PARA
PECHAR UN ACORDO DE RETRIBUCIÓNS E DE CONDICIÓNS DE TRABALLO NA
FUNCIÓN PÚBLICA
ESTA CONVOCATORIA RESPONDE AO ESCRITO CONXUNTO QUE UGT E
CCOO DIRIXIRON AO GOBERNO DE SÁNCHEZ
UN ACORDO PLURIANUAL DEBE GARANTIR O PODER ADQUISITIVO E ISTO INCLÚE
REVISAR A ALZA OS INCREMENTOS DE 2% IMPOSTOS NOS PGE 2022.
UGT Servizos Públicos ve positiva a convocatoria da mesa de
negociación, algo que viñamos esixindo conxuntamente con CCOO, pero
advirte ao Goberno que para pechar un Acordo, DEBE GARANTIRSE O PODER
ADQUISITIVO DO PERSOAL EMPREGADO PÚBLICO, A CALIDADE DO EMPREGO E A
MELLORA SUBSTANCIAL DAS CONDICIÓNS DE TRABALLO, QUE PARTE
NECESARIAMENTE POLA DERROGACIÓN DOS RECORTES DO 2012.
En consecuencia, imos expor a necesidade de pechar un Acordo
plurianual, que permita O MANTEMENTO DO PODER ADQUISITIVO E ISTO
INCLÚE REVISAR á ALZA OS INCREMENTOS TAMÉN PARA ESTE ANO 2022, FIXADOS
IMPERATIVAMENTE NO 2% NOS PGE 2022. Neste sentido, desde ambos
sindicatos xa advertimos que non imos permitir a constante perda de
poder adquisitivo, 14 anos sen actualización dos salarios para o
persoal do Servizo Exterior, nin deixar atrás ao sector público
empresarial, ao que hai que garantirlle o dereito á negociación
colectiva e a afectación plena dos Acordos da Función Pública.
O Acordo, que deberá ser plurianual, debe conter outra batería de
materias que vimos demandando e que son igualmente prioritarias, como
son a implantación da XORNADA DE 35 HORAS, o desenvolvemento e
actualización do EBEP, Estatuto Marco e a Lei de Función Pública da
AGE, actualización da Lei de bases de réxime local e derrogación da
lei de racionalización e sustentabilidade, e cambio normativo en
materia de igualdade.
Igualmente é necesario acometer MELLORAS NO ACCESO AO EMPREGO
PÚBLICO e moi especialmente na CARREIRA, PROMOCIÓN E CLASIFICACIÓN
PROFESIONAL, así como, entre outros, culminar os compromisos
adquiridos en determinados ámbitos, como Institucións Penitenciarias.
En materia de emprego, ademais de levar a bo termo a estabilización
das plantillas, resulta de todo imprescindible avanzar na ELIMINACIÓN
DE TAXA DE REPOSICIÓN e acometer de maneira urxente un plan de emprego
para o rexuvenecemento do persoal.
Xunto a estas materias e para a negociación dos PGE 2023, é
necesario ACOMETER OUTRAS, NON MENORES, COMO SON A REVISIÓN DAS
INDEMNIZACIÓNS POR RAZÓN DE SERVIZO OU DE RESIDENCIA, AS MELLORAS DE
HABERES REGULADORES DE CLASES PASIVAS E A RECUPERACIóN DAS ACHEGAS AOS
PLANS DE PENSIÓNS PÚBLICOS OU A XUBILACIÓN ANTICIPADA
Temos razóns dabondo, polo que se non temos resposta inmediata,
anunciaremos novas mobilizacións.
#SALARIOOUCONFLITO