Tendo en conta o escenario de “vacío legal” provocado pola sentenza da CIG que, desde que adquiriu firmeza, anulou a base normativa que servía de soporte para seguir pagando a carreira profesional, os sindicatos asinantes do Acordo de carreira (UGT e CCOO) a través da comisión de seguimento de dito acordo, esixiron da Administración que actuase e presentase unha nova proposta de regulación da carreira profesional, nos termos pactados no Acordo da Comisión de Persoal de xullo de 2019, e reivindicación que fixemos pública o 9 de abril de 2022.
Como consecuencia desta petición, a Dirección Xeral de Función trasladou aos sindicatos unha nova proposta de regulación da carreira profesional, inicialmente so para funcionarios, ao que CCOO e UGT xa lle fixeramos alegacións no mes de xuño,. Entre outras:
-
Aplicación a persoal funcionario de carreira e interino e ao persoal laboral fixo, fixo-descontinuo e temporal e indefinido non fixo (e dicir universalizar a carreira para todos e todas)
-
Apertura do prazo para solicitar o grao correspondente (grao I ou II segundo corresponda) antes de que remate o 2022.
-
Efectos económicos desde 1 de xaneiro de 2022
-
Mesmos requisitos de acceso que os establecidos para o Grao I (na maioría dos casos 40 horas de formación en toda a vida laboral) e mesma antigüidade.
-
Mesma temporalización no cobro para todos os grupos de clasificación e xa que a carreira estivo paralizada durante todo o ano 2021, pola demanda da CIG, que se pague o 70% no ano 2022 e 30% restante no ano 2023.
Cabe recordar que o Acordo da Comisión de Persoal do 23 de xullo de 2019 xa universalizaba o dereito a carreira incluíndo o persoal interino, laboral temporal e outros colectivos que non tiñan opción de funcionarización, o que houbese permitido ter consolidado o grado II no ano 2023 e tamén terse incorporado o persoal que xa cumprise os requisitos desde pero Función pública non o aplicou, co argumento de que estaban presentadas demandas pendentes de pronunciamentos xudiciais.
AS REGULACIÓNS PROPOSTAS pola Administración, na xuntanza da mesa previa á mesa xeral, SON IGUAIS PARA PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL, pero como o incremento do ámbito de aplicación significa un incremento do custo, a Xunta propón o pago en tres anualidades (2022, 2023 e 2024), a razón dun 33% cada ano, e con efectos desde o 1 de xaneiro de 2022..
CCOO e UGT valoramos moi positivamente que se retome a carreira profesional e que se reactive neste ano 2022 (é especialmente importante nun contexto inflacionista e de previsible perda de poder adquisitivo dos salarios); tamén que se incluíse no ámbito de aplicación a todos os empregados/as públicos da Administración Xeral da Xunta de Galicia (aínda que isto xa se puidese ter conseguido se todos votasen a favor na Comisión de Persoal que tivo lugar aló polo 23 de xullo e 2019) e tamén valoramos que se aplique o mesmo número de anualidades para todos os grupos no cobro de cada un dos graos, pero esiximos que o pago sexa en 2 ANUALIDADES, a razón do 70% en 2022 e o 30% restante en 2023, co obxectivo de que en xaneiro de 2023 teñamos unha contía aproximada a que teríamos na nómina de non ser anulado o dereito.
Por último, instamos á consellería de Facenda a que reformule a súa proposta nas porcentaxes a aplicar para o cobro de cada un dos graos da carreira profesional extraordinaria porque, despois dunha pandemia e dunha longa espera, non nos parece nin xusto, nin razoable que non o faga.