O goberno central convoca a mesa de negociación comprometida para pechar un acordo de retribucións e de condicións de traballo na Función Pública.
Esta convocatoria responde ao escrito conxunto que UGT e CCOO dirixiron ao goberno de Sánchez.
Un acordo plurianual debe garantir o poder adquisitivo e isto inclúe revisar a alza os incrementos de 2% impostos nos PGE 2
UGT Servizos Públicos ve positiva a convocatoria da mesa de negociación, algo que viñamos esixindo conxuntamente con CCOO, pero advirte ao Goberno que para pechar un Acordo, debe garantirse o poder adquisitivo do persoal empregado público, a calidade do emprego e a mellora substancial das condicións de traballo, que parte necesariamente pola derrogación dos recortes do 2012.
En consecuencia, imos expor a necesidade de pechar un Acordo plurianual, que permita o mantemento do poder adquisitivo e isto inclúe revisar á alza os incrementos tamén para este ano 2022, fixados imperativamente no 2% nos PGE 2022. Neste sentido, desde ambos sindicatos xa advertimos que non imos permitir a constante perda de poder adquisitivo, 14 anos sen actualización dos salarios para o persoal do Servizo Exterior, nin deixar atrás ao sector público empresarial, ao que hai que garantirlle o dereito á negociación colectiva e a afectación plena dos Acordos da Función Pública.
O Acordo, que deberá ser plurianual, debe conter outra batería de materias que vimos demandando e que son igualmente prioritarias, como son a implantación da xornada de 35 Horas, o desenvolvemento e actualización do EBEP, Estatuto Marco e a Lei de Función Pública da AGE, actualización da Lei de bases de réxime local e derrogación da lei de racionalización e sustentabilidade, e cambio normativo en materia de igualdade.
Igualmente é necesario acometer melloras no acceso ao emprego público e moi especialmente na carreira, promoción e clasificación profesional, así como, entre outros, culminar os compromisos adquiridos en determinados ámbitos, como Institucións Penitenciarias.
En materia de emprego, ademais de levar a bo termo a estabilización das plantillas, resulta de todo imprescindible avanzar na eliminación de taxa de reposición e acometer de maneira urxente un plan de emprego para o rexuvenecemento do persoal.
Xunto a estas materias e para a negociación dos PGE 2023, é necesario acometer outras, non menores, como son a revisión das indemnizacións por razón de servizo ou de residencia, as melloras de haberes reguladores de clases pasivas e a recuperación das achegas aos plans de pensións públicos ou a xubilación anticipada
Temos razóns dabondo, polo que se non temos resposta inmediata, anunciaremos novas mobilizacións.
#SalarioOUConflito
2