Importantes novidades nos seguros gratuítos que ofrece ATLANTIS (GACM Seguros) para as persoas afiliadas e os delegados/as sindicais

Comunicámosvos novidades importantes 2022 nos seguros gratuítos que ofrece ATLANTIS (GACM Seguros) para as persoas afiliadas e delegados e delegadas sindicais. Trátase das pólizas que, mediante a adhesión a través dun formulario web, permítennos ampliar GRATIS os capitais que temos como afiliados/as a UGT:


PÓLIZA GRATUÍTA ACCIDENTES-AFILIADO/AS DE TODAS AS FEDERACIÓNS EXCEPTO A UNIÓN DE XUBILADOS E PENSIONISTAS: capital 9.000 € por falecemento en accidente laboral. Se se trata dunha nova afiliación, a cobertura é de 6.000 € por falecemento en accidente 24 h. + 6.000 € por falecemento en accidente laboral; lembrade que durante o primeiro ano non se está cuberto pola póliza de accidentes confederal e por tanto é un aliciente para a persoa que se acaba de afiliar.


PÓLIZA GRATUÍTA ACCIDENTES-AFILIADO/AS UNIÓN DE XUBILADOS E PENSIONISTAS: capital 9.000 € por falecemento en accidente 24 h. Esta é unha novidade importante, Atlantis preparou unha cobertura a medida, xa que a idade era un impedimento técnico. É importante aproveitala e que as persoas afiliadas a UJP conten con esta cobertura gratuíta.


PÓLIZA GRATUÍTA ACCIDENTES DELEGADO/AS SINDICAIS AFILIADOS/AS: cobertura de 6.010 € por falecemento en accidente mentres se desenvolve actividade sindical. 

Estas pólizas son gratuitas e é necesario rechear o boletín na web

 https://www.tomamosimpulso.com/es/colectivos/sindicatos/ugt.html

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.