Sectores

Comisión de Persoal Extraordinaria (05/08/2022)


O pasado día 5 tivo lugar a Comisión de Persoal na que se trataron os seguintes puntos:

MODIFICACIÓN DO DECRETO 93/1991 DE PROVISIÓN DE POSTOS:

Mediante a modificación formulase a creación do nivel 9 na Agrupación Profesional ao obxecto de dar cabida ao persoal funcionarizado das categorías V-01 e V-011. Segundo o exposto o incremento retributivo que suporía o encadramento é inasumible, refiren que todo o persoal terá incremento salarial entre os 150 e os 225€ anuais.

Ao non aportar máis datos e non poder contrastar a cuestión carecemos de elementos obxectivos que permitan confirmar o exposto, de ser certo.

Sentido do voto:

UGT: en contra CIG: en contra. CCOO: en contra. CSIF: en contra.

ORDEN INTEGRACIÓN DO PERSOAL DA EXTINTA EPOSH:

Despois dun ano xusto, Comisión de Persoal do 6 de agosto de 2021, volve á Comisión de Persoal o proxecto de Orde de integración, esta vez e segundo se nos transmite en reunión previa, porque xa contan cos documentos preceptivos da Consellería de Facenda.

Entendemos que estas non son as formas máis acaídas para o tratamento da cuestión, e pasamos a expoñer, logo das explicacións dadas nas xuntanzas, como expresión do sentido do voto, o seguinte:

UGT cree que tanto a LOFAXGA como o Decreto 129/2012 e o Decreto 165/2019, normas apoiadas por nos, dan unha inmellorable oportunidade para rematar con situacións dispares e de todo punto discriminatorias, pero neste caso preténdese vender unha falsa homoxenización da estrutura administrativa baixo parámetros que ditaminan as normas.

Non obstante o proceso agora aberto, de novo, non debe servir para CONSOLIDAR DIFERENZAS RETRIBUTIVAS E DEREITOS ADQUIRIDOS ENTRE IGUAIS. Lonxe de uniformar o réxime da Administración xeral da Comunidade Autónoma có réxime das entidades públicas instrumentais e homoxeneizar as relacións de emprego no ámbito do sector público autonómico, a fin de mellorar a eficacia na xestión do persoal e gañar en eficiencia, estase a afondar en diferencias de trato retributivas con outros entes xa integrados.

Polo anterior é polo que consideramos ao respecto do punto sometido a votación que:

1.Tendo en conta que se trata dunha norma publicada en DOG o 9 de abril de 2015, entendemos que o seu tratamento non debera responder a criterios de urxencia e celeridade na súa aplicación.

Si ben é certo que debido o dilatado tempo transcorrido dende a súa publicación fai pensar, e así o transmite a persoa representante da Consellería, que as circunstancias de postos e persoas puideran cambiar e de feito non son as mesmas que no ano 2015. Entendemos así, que procedería o tratamento en reunión previa coa Consellería na que se desen explicacións das circunstancias que levaron a que non se desenvolvese a mesma, razóns que a Administración coñecerá e que debera explicar, para publico coñecemento.

De igual forma deberíase explicar a situación xerada en aquel persoal que como consecuencia da non integración, no ano 2015, perdeu a oportunidade de ver homologado o seu salario ata igualar ao de postos análogos da Xunta de Galicia, perdendo a oportunidade de que a día de hoxe as súas nóminas reflictan o que debera ser xa a homologación salarial real

2.Solicitabamos aclaracións ao respecto do que puidera entenderse como certo trato «privilexiado» do persoal fixo de determinados entes instrumentais fronte a outros, xa que polas afirmacións vertidas nas citadas reunións ao persoal da extinta EPOSH (2012) e «adscrito provisionalmente desde entón» na Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia, se lle están mantendo as condicións retributivas de orixe en virtude da existencia dun Convenio Laboral de aplicación (caducado ou non) ata que, de ser ocaso, proceda a integrarse como persoal laboral da Xunta de Galicia, momento no cal lle será de aplicación o V Convenio Colectivo Único do Persoal Laboral.

Resulta rechamante, sen ter en conta a peculiar xustificación esgrimida ao respecto dos acordos e modificacións normativas que modifican substancialmente as expectativas do persoal que presentou solicitudes ao abeiro da mencionada orde, que este persoal goce das condicións de orixe da entidade extinta, o que supón o mantemento dos seus emolumentos íntegros, así como da retribución da súa antigüidade con respecto á situación laboral inicial, despois de nove anos adscrito provisionalmente. De tal xeito, que agora terá opción a integración laboral e a posterior funcionarización, de ser o caso, garantindo a consolidación da antigüidade como consecuencia da inacción da Administración, e favorecido polas normas aprobadas durante estes anos

3.Tendo en conta o comentado no punto anterior, podemos afirmar que existen situacións distintas acaecidas con persoal doutras entidades extinguidas. En ditos entes, con convenios de aplicación distintos ao V Convenio, e non como se comentou nas reunións con aplicación do mesmo, o seu persoal tivo que renunciar obrigatoriamente aos seus dereitos, e entre eles ás retribucións salariais e de antigüidade percibidas ata o memento da extinción da entidade, aínda que o proceso de integración como persoal laboral da Xunta de Galicia, en aplicación do disposto no Decreto 129/2012, non se produciu ata case 5 anos despois, tempo non que estiveron en situación de «adscrición provisional» noutros entes instrumentais, nunha situación semellante á descrita para o persoal do EPOSH.

Ademais, este persoal, con tratamento diferenciado e menoscabado dos seus dereitos, tomando como referencia o que hoxe se vai a aprobar, nin sequera foron obxecto de aplicación do establecido na Disposición transitoria primeira do Decreto 129/2012, que declara que: ao persoal que, como consecuencia do procedemento previsto no Título II deste decreto, experimente unha diminución en cómputo anual das retribucións brutas fixas e periódicas recoñeceráselle un complemento persoal de integración, de carácter transitorio, consistente na diferencia de retribucións.

4.Por todo isto, SOLICITAMOS que as condicións da integración, para o persoal susceptible de solicitala, SEXAN IDÉNTICAS EN TÓDOLOS ENTES INSTRUMENTAIS, tanto nos que xa foron obxecto de extinción, modificación e/ou adaptación coa conseguinte afectación do seu persoal coma nos distintos procesos que se desenvolverán nos vindeiros meses. REXEITAMOS O TRATO DIFERENCIAL PARA SITUACIÓNS IDÉNTICAS.

5.Tampouco queda aclarado na documentación aportada:

  • Si existe provisionalidade ou non na adxudicación das prazas integradas.

  • Si existirá ou non un concurso que permita ao resto de persoal poder optar ás mesmas.

  • Si se producirá ou non a adecuación salarial que preceptúa o Decreto 129/2012.

Sentido do voto:

UGT: en contra. CIG: en contra. CCOO: en contra. CSIF: en contra.

INFORMA-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.