Sectores

Reunión entre Función Pública e as Organizacións Sindicais sobre o buzón de postos dos procesos derivados da Lei 20/2021


Onte mantivemos unha xuntanza coa Dirección Xeral da Función Pública na que se pretendía expoñer e explicar algunhas cuestións do buzón remitido coas prazas incluídas nos procesos da Lei 20/2021.

 

Buzóns dos Entes Instrumentais:

En primeiro lugar explican que faltan por remitir estes buzóns. Dixeron que o remitirían onte (non chegou). Entre outros o do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, do que xa adianta que se aceptaron 25 alegacións de todas as presentadas polas catro OOSS, indicando tamén que hai catro ou cinco postos nos que hai variacións.

 

Prazas de Medio Rural:

Sobre a situación das prazas creadas en RPT da Consellería no ano 2019, co fin de asumir a encomenda de incendios leva a cabo a través de SEAGA ata ese momento, entenden que non se produce subrogación das prazas na súa integridade e polo tanto consideran que as prazas non cumpren o establecido na disposición adicional sexta. Confirman que si é certo que hai moitas delas (208) que si cumpren a disposición adicional oitava. Isto é , aquel persoal que si ten esa relación temporal de antes do 01/01/2016 e que non ten unha interrupción maior de 3 meses, e que a súa vez no momento en que se fai a determinación da inclusión en oferta está ocupando unha praza vacante, de igual grupo e categoría. Salvando esta última circunstancia consideran que as demais prazas, non entran nin pola subrogación nin pola disposición oitava.

Están dispostos a escoitar as alegacións e o que teñamos que dicir os sindicatos, entendendo que é un tema que non dan por pechado neste momento. Mirarán as posibilidades de conformidade coa legalidade. Analizarán si hai algunha opción de integralos, si é que se cumpre a legalidade que marca a norma. Eles non o ven nestes momentos e por iso non están incluídas, o que si hai é o compromiso claro de que si esas prazas que agora se rexeitan por este motivo, incluiranse todas elas na oferta de emprego ordinaria do ano 2022 polo sistema de concurso-oposición similar ao que se recolle no artigo 2 para as prazas da Lei 20/2022 (2016 a 2018).

Nos buzóns de prazas doutras consellerías hai menos problemas. Informásenos que se nos remitirá un novo documento coa resposta ás alegacións presentadas polas OOSS, aceptadas ou non, para facilitar a súa revisión e que non se reiteren cuestións xa avaliadas. Aportarán un documento aclarativo das cuestións que xeran confusión do buzón remitido a semana pasada.

No mes de setembro haberá a constitución de grupos técnicos de traballo para analizar as alegacións concretas presentadas que supoñan unha revisión individualizada por afectar a situacións particulares e non de carácter xeral.

 

UGT CONSIDERA:

  • Que o buzón ten unha labor moi minuciosa e detallada, pero entenderá Función Pública que non se pode revisar a táboa nun prazo de 4 ou 5 días. Solicitamos, polo tanto, un aprazamento da presentación das alegacións, en tanto que resulta imposible a comprobación de todas e cada unha das prazas. En resposta a esta cuestión sitúa o novo prazo ata o día 9 de setembro, admite que si fose necesaria a ampliación dese prazo o analizarían.
  • buzón xerou confusión, en tanto que o de praza CONVOCADA (CONSOLIDACIÓN/ESTABILIZACIÓN): NON, levou a interpretación errónea por parte moitas persoas. Nos entendemos que quere indicar que ao non estar convocada cumpre os requisitos do artigo 2 da Lei 20 e polo tanto procede a súa inclusión. Cuestión que en resposta, nos confirma que é así.
  • Atopamos erros dos que son exemplo a inclusión de prazas ocupadas no último concurso de corpos xerais, ou clasificacións non comprensibles, na columna de “corpo, escala, categoría” onde se se indica A3 e A4.
  • Sobre as prazas de Medio Rural:
    • A categoría IV-033, que aparece coa indicación de estar convocadas en proceso de estabilización, solicitamos a súa rectificación, en tanto foron ofertadas en proceso de acceso libre, se non fose así solicitamos se nos aclare en que ope están ofertadas. En resposta confirma que son prazas de libre.
  • Prazas de SEAGA:
    • A nosa proposta é que se convoquen todas as prazas, xa sexa pola disposición adicional sexta ou a oitava.
  • UGT considera que son prazas, sobre as que si ben non existe subrogación expresa, esta é tácita. Foron creadas no ano 2019, para dar cabida ás persoas que prestaban o servizo a través de SEAGA, correspondéndolles a inclusión por calquera das dúas disposicións.
  • De igual forma e aínda que non é obxecto da reunión de hoxe, recordamos que existe unha sentenza firme que anulou a modificación do artigo 9 bis, e que haberá que telo en consideración á hora do baremo.
  • O argumento esgrimido, durante a negociación da OPE, ao respecto de que se incluían todas as prazas e que se aplicaría a distribución xeográfica para a concreción da disposición adicional oitava, hoxe mudou e clarifícase que aquelas que se inclúen son as do mesmo grupo e categoría. Non podemos estar de acordo con este criterio, en tanto que o que se debe aplicar é o literal da disposición adicional oitava e si se se produce unha “subrogación tácita”, debe convocarse a praza de última ocupación do persoal.
  • Consideramos que non pode ser problema económico, en tanto que se trata de prazas creadas en RPT e polo tanto con consignación orzamentaria.
  • Máis aínda non se entende o compromiso de levalas á Oferta de Emprego ordinaria do 2022, e que se desenvolvan os seus procesos polo sistema de concurso-oposición a semellanza dos do artigo 2 da Lei 20, non ten sentido adiar a solución cando a propia Lei xa a faculta a través das disposicións adicionais.

 

Resposta do Director ás intervencións das OOSS:

  • Van a remitir algún buzón máis específico desagregando algunhas categorías, co fin de intentar aclarar un pouco máis o que parece xerou confusións. Aclarando as prazas que quedaron desertas en procesos xa rematados ou que están na súa fase final, e si están incluídas.
  • A categoría de Condutor motobomba e outras 3 máis non poden incluírse no buzón, porque están convocadas con anterioridade á aprobación da Lei, non son prazas de estabilización.
  • SEAGA:
    • Tema complexo, non hai ningún ánimo de non sacar as prazas, ou de diminuír ningunha praza, nin por parte de Medio Rural nin por parte de FP.
    • Teñen a listaxe das prazas que pasaron no seu momento e xuridicamente lles parece que non se pode entender que exista unha subrogación e polo tanto que se poda aplicar os criterios da adicional oitava, de todas formas van a revisar os criterios solicitando informe á Asesoría Xurídica. Si este informe indicase que existe unha subrogación aplicaríanse as citadas disposicións sen problema.
    • Atenderán ao exposto na reunión e analizarán si procede ou non a súa inclusión.
  • Encomendas do CGSIB:
    • Entenden que deben estar incluídas pola adicional oitava, en tanto que son as persoas as que van cambiando de unha praza a outra, consideran que cumpren o criterio da adicional oitava.

 

Remitirase outro buzón específico sobre as alegacións presentadas polas OOSS, no que aparecerá a súa admisión ou inadmisión coa causa da mesma. Insta a que se revise por si houbera algunha praza na que se puidera cometer erro co fin de ser analizado de novo e subsanado si é o caso.

 

UGT Informa T descargas

 

 

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.