Sectores

Mesa Sectorial de funcionarios/as públicos ordinaria e Mesa Xeral Empregados/as públicos extraordinaria


Na Mesa Xeral de EEPP, no apartado de rogos e preguntas, o Director Xeral da Función Pública indicou o seguinte:

Baremos dos procesos selectivos pendentes de resolución.

Traballouse con carácter prioritario nos que afectaban ao maior número de prazas (preto de 500) e persoas afectadas (preto de 2000)

Subalternos e Auxiliares de Enfermería

No que queda do mes de xullo e ao longo do mes de setembro sairán todos os baremos pendentes (31), para rematar estes procesos e continuar coa tramitación ordinaria (presentación de alegacións, resolución das mesmas, presentación de documentación…)

Anteproxecto de Decreto sobre Flexibilidade Horaria por conciliación

Está na Asesoría Xurídica para solventar algunha dificultade procedimental, para despois poder trasladar o documento ás OOSS, na maior brevidade posible. A demora está supondo diferentes situacións entre iguais, ante a concesión ou non da flexibilidade horaria por menores de 18 anos.

Trienios para funcionarizar

Elaboráronse unhas instrucións internas entre as Direccións Xerais competentes para o tema de trienios, e estase traballando co CIXTEC, coa Intervención, con Presupostos e coa propia DXFP para axustar os trienios ao que di o acordo. Para acadar que a aplicación sexa uniforme, como non pode ser doutra maneira. É un tema obxectivo, polo que agardan que entre o mes de agosto e setembro acaben de reaxustarse os problemas que podan existir.

Carreira Administrativa

Espera ter algunha reunión antes das vacacións de agosto, e a ver se é posible pechar o acordo correspondente. Non obstante, dende UGT reiteramos que a carreira anulada en senteza do TSXG foi un erro sindical que obriga a restituír o dereito. Esta decisión e as súas consecuencias son as que nos conducen ao actual situación de bloqueo e de necesidade de negociación dun novo acordo que trate de paliar os seus demoledores efectos.

Funcionarización

UGT solicita información sobre a previsión temporal de finalización dos procesos en marcha e sobre a situación das RPTs de funcionarización, necesarias para a finalización dos mesmos. Nestes momentos teñen rematado os procesos que fan que preto de 2000 persoas sexan susceptibles de poderse funcionarizar. Están traballando nas RPTs correspondentes, e a idea é que despois do pequeno intervalo que teñen para o tema dos Orzamentos, a partir do mes de outubro continuar con todas as RPTs e intentar finalizar o proceso a finais deste ano 2022 ou ao comezos de 2013, se quedase algunha pendente. A RPT do persoal de limpeza (grupo V) e dos Bombeiros Forestais xa están case rematadas, aínda que pode haber algunhas persoas dalgunha categoría concreta que presentan algunha dificultade.

Finalización da actividade de negociación sindical coa DXFP, previsiblemente o 5 de agosto de 2022

INFORMA-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.