Sectores

UGT interpón conflito colectivo en defensa da duración do contrato de todo o ano do persoal que tiña suspendido o contrato con SEAGA


UGT ven de interpoñer conflito colectivo en procura do defendido na negociación da OPE de estabilidade coa Empresa SEAGA.

 

Durante esa negociación coa Empresa e logo no ámbito da Mesa Xeral de persoal empregado público, no momento da aprobación da OPE extraordinaria ligada á Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e publicada en DOG por medio do DECRETO 79/2022, do 25 de maio, o pasado 30 de maio de 2022, UGT anunciaba que:

 

Previsiblemente, dita OPE non aclaraba a realidade dos postos a ofertar, en tanto que non se identifican claramente aqueles postos afectados pola disposición adicional oitava da norma estatal, que regula: “Adicionalmente, os procesos de estabilización contidos na disposición adicional sexta incluirán nas súas convocatorias as prazas vacantes de natureza estrutural ocupadas de forma temporal por persoal cunha relación, desta natureza, anterior ao 1 de xaneiro de 2016.”

 

Entende UGT que en aplicación da Lei 20/2021, deben ser ofertados, acolléndose a esta disposición os últimos postos cubertos de xeito temporal á entrada en vigor da citada norma.

 

Non procede, polo tanto, querer ou pretender burlar a norma reincorporando ao persoal a  un contrato anterior que se mantiña suspendido de mutuo acordo entre as partes, evitando así convocar as prazas de todo o ano ao abeiro dos procesos selectivos polo sistema de concurso que deben desenvolverse en SEAGA.

 

Esperamos acadar unha solución xusta para o persoal, e ligada á literalidade na norma ditada polo Lexislador.

 

Informa T descargas

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.