Proximamente, a A.E.A.T. publicará unha oferta de 900 prazas emprego Fixo-Descontinuo na categoría de “Auxiliar de Administración e Información Campaña Renda” pertencente ao Grupo IV Convenio Colectivo da A.E.A.T. para atender ás necesidades de prestación de apoio aos contribuíntes para a presentación durante o período voluntario do IRPF.
Trátase dun contrato de traballo fixo de natureza descontinua. A prestación laboral abarca un período de prestación de servizos de 3 a 4 meses nos meses de marzo, abril, maio e xuño, gozando das vacacións correspondentes a partir do 1 de xullo, unha vez finalizado o período de prestación voluntaria do imposto.
Desde UGT, ofrecemos para todos os afiliados e afiliadas un CURSO GRATUÍTO (on line) dun mes, impartido por profesionais da A.E.A.T.
O curso comezará o próximo 5 de setembro e impartiranse luns e mércores de 16.00h a 19.30h.
Nesta ligazón podes atopar toda a INFORMACIÓN referente ao curso.