Sectores

UGT traslada ánimo e forza ao operativo que loita contra esta desoladora vaga de lumes


En primeiro lugar UGT quere trasladar o noso ánimo e apoio ao persoal Bombeiro Forestal e aos Axentes Forestais e Medioambientais, que dende fai máis dunha semana están a pelexar contra os lumes que asolan o noso país. Uns lumes sen precedentes e pola súa virulencia e voracidade trasládannos á memoria de non fai moitos anos.

 

A loita esta sendo desigual, contra uns lumes de excepcionais dimensións e simultaneidade que están poñendo a proba o noso operativo, un dos máis e mellor preparados e habituados á loita contra os incendios forestais. Somos conscientes de que a parte humana do mesmo non está a faiar, o compromiso do persoal que compón o operativo do SPIF, está por riba do esixible, asemade ao do persoal doutros operativos que están apoiando as labores de extinción e remate dos lumes.

 

Non podemos dicir o mesmo do operativo antiincendios, en xeral, que estando a mediados de xullo cunha previsión de episodios de altas temperaturas persistentes non estaba ao 100%, faltando medios tan importantes como as brigadas dos concellos e parte das brigadas helitransportadas externalizadas do SPIF que aínda estaban en fase de incorporación. Por iso mesmo UGT leva reclamando desde fai moitos anos un operativo con mando único e baixo o sistema único do SPIF.

 

Tampouco estaba preparado o monte para o que se lle viña enriba, anos de políticas forestais erráticas, de medidas que practicamente invitaban a poboación a deixar o rural e a mudarse as cidades en busca de traballos e servizos que se lle negaban no rural, o abandono por parte dos nosos políticos de esa xente que fixo que Galicia sexa tan especial para propios e alleos. Esa falta de actividade vai creando un monte cunha carga de combustibles brutal que so espera as condiciones óptimas para que se desencadee o desastre. Si lle engadimos a falta de limpeza das áreas de defensa que podan ter @s BBFF para facerlle fronte aos lumes e a limpeza das áreas de protección dos núcleos, temos os caldo de cultivo axeitado para o que estamos a vivir. Tamén por isto UGT pide de xeito reiterado o aumento do tempo de traballo do persoal do SPIF, o xa acordado e orzamentado fai 2 anos para que o persoal de 9 meses pasase a todo o ano, o cal está sen executar, e o do persoal de 6 meses que pase a 9, é o único xeito para que se realicen os traballos necesarios antes da campaña e non nos vexamos nesta situación, polo menos mellor preparados. Agora o importante e apagar e salvar o máximo posible, sen arriscar nin unha sola vida. Do outro xa teremos tempo de falar e sobre todo de actuar.

Asemade trasladar a nosas condolencias, apoio e forza á veciñanza que perdeu os seus bens e xeitos de gañarse a vida, porque o lume o leva todo non deixa nin os recordos, só cinza e sobre ela, coa axuda de todos terán que comezar de novo porque non se pode abandonar o rural, e a toda a poboación galega que ven como desaparece o seu patrimonio natural e medioambiental.

 

Informa T descargas

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.