Sectores

Atención preferente


Publicación da adxudicación provisional do concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres para cubrir, en comisión de servizos, postos de escolarización a alumnado de atención preferente

 

As persoas interesadas poderán formular reclamacións e renuncias no prazo de tres (3) días hábiles desde a publicación desta resolución no portal educativo (desde o día 15 de xullo ata o día 19 de xullo de 2022, ambos incluídos).

As reclamacións e renuncias formularanse preferentemente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), a través do procedemento PR004A.

O formulario da solicitude xenérica PR004A debe cubrirse do seguinte xeito:

a) No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO: RECLAMACIÓN ou Renuncia (segundo proceda) á RESOLUCIÓN DO 14 DE XULLO DE 2022.

b) No campo DESTINATARIO debe elixir no desplegable á esquerda a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e no desplegable á dereita a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

Todas as reclamacións e/ou renuncias deberán enviarse ademais o correo electrónico: persoal.primaria@edu.xunta.gal. O envío deste correo electrónico non substitúe en ningún caso a obrigada presentación por rexistro electrónico ou presencial da reclamación e/ou renuncia.

 

Máis información:  http://www.edu.xunta.gal/portal/node/37560

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.