Sectores

Xuntanza previa coa Consellería do Mar sobre a modificación da súa RPT


Onte celebrouse a instancias da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar unha xuntanza previa coas OOSS co obxecto de expoñernos a súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo.

 

O volume de documentación que se nos fixo chegar, xunto coa relevancia dos temas a tratar, fixo necesaria a petición unánime por parte das OOSS da apertura dun período de tempo necesario tanto para o traslado da información recibida como para a súa revisión pormenorizada: UGT plantexou na súa intervención, que a xuntanza NON debería ser considerada como o inicio formal de negociacións senón máis ben como unha presentación formal por parte da Administración da documentación achegada.

 

Aínda así e logo dunha primeira aproximación ao contido da modificación de RPT proposta expuxemos a nosa preocupación polo recollido na mesma, singularmente todo o que ten que ver coas modificacións no Servizo de Gardacostas de Galicia que supoñen na práctica o comezo dun proceso de desmantelamento do mesmo.

 

Hai outros aspectos que consideramos igualmente lesivos para o conxunto das empregadas e empregados públicos da Consellería, ainda que non nos custa recoñecer os acertos, escasos, no documento como son a reclasificación e adecuacións de nivel incluídos na proposta.

 

En todo caso e como comentamos previamente, a data límite acordada para a posterior presentación das alegacións,foi a do vindeiro martes 19 de xullo ás 14.00 horas, polo que vos pedimos que nos fagades chegar ás vosas aportacións antes do LUNS 18 de XULLO ás 14.00 horas a efectos de que podamos revisalas e incluilas no noso documento para reclamacións e debate

 

A tal efecto, achegamos para a vosa consulta en arquivos que se xuntan:

 

Informa T descargas

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.