A reunión de onte, 12 de xullo, da Mesa Negociadora do XII Convenio Colectivo de ámbito estatal de centros de asistencia e educación infantil, conclúe coa aplicación da sentenza 89/2022 da Audiencia Nacional, asinando así as novas Táboas Salariais do Anexo I. Táboas Salariais centros de educación infantil (táboa xeral), dando cumprimento á Disposición final quinta e a aplicación da Disposición transitoria novena.
Así pois, as persoas traballadoras dos Centros de Educación Infantil de xestión directa verán incrementados os seus salarios, desde o 1 de setembro de 2021, nun 5,5%, tanto no salario como no CPP.
De igual modo, as persoas traballadoras dos Centros pertencentes ás antigas Obras Sociais, propias de carácter docente sen fins lucrativos e de Caixas de Aforros, verán incrementados os seus salarios para partir do 1 de setembro de 2021 nun 5,5%, sobre os salarios que viñesen percibindo.
O prazo para abonar os atrasos será ata tres meses despois da publicación das táboas salariais no BOE e en ningún caso o pago será posterior ao 31 de decembro de 2022.
UGT Servizos Públicos mostra a súa satisfacción pola aplicación dos novos salarios como consecuencia do XII Convenio Colectivo, aínda que somos plenamente conscientes de que aínda segue lonxe do que os traballadores da educación infantil merecen. As cláusulas de revisión salarial no noso convenio (a disposición final quinta, transitoria oitava e a transitoria novena) que hoxe reclamamos na negociación doutros convenios foron unha esixencia sindical que deron forza ao articulado. Así o explicabamos recentemente no noso boletín informativo: UGT Servizos Públicos coas traballadoras e traballadores da Educación Infantil
Ao mesmo tempo lamentamos que haxa que recorrer aos tribunais para esixir ás patronais a aplicación destes salarios, co prexuízo que supuxo para as traballadoras e traballadores.
UGT Servizos Públicos seguirá negociando con firmeza para as traballadoras do sector.