Despois de catro anos de negociación interrompida pola pandemia, hoxe asinouse o 2º Convenio Colectivo de Acción e Intervención social (2022, 2023 e 2024), que afecta a máis de 200.000 traballadores e do que resaltamos as seguintes melloras:
• Redución da xornada en 11 horas para 2023 e 11 horas en 2024.
• Aumento de 1 día máis de asuntos propios.
• Adaptación e mellora da nova normativa en materia de contratación.
• Incrementos salariais. Tendo en conta que a suba salarial de 2021 foi dun 4,5%, as subas pactadas son as seguintes:
- 2% en 2022
- 3% en 2023
- 2, 5% en 2024 Introdúcese unha cláusula de revisión salarial que se negociará ao final da vixencia e partirá dun mínimo dun 2%
• Novo complemento de garda: Retribúese con 240€ mensuais ou 60€ semanais, con independencia do Grupo Profesional ao que se pertenza, e a activación efectiva da garda será a partir dos 20 minutos de chamada.
• Permítese a acumulación de horas sindicais.
• Finalmente comprométense as partes para negociar, no prazo de 6 meses desde a publicación do Convenio, a regulación do teletraballo e a desconexión dixital Madrid, ao 7 de xullo de 2022.