Sectores

Procesos selectivos: Publicación de baremos provisionais e definitivos


Publicados hoxe os seguintes acordos e resolucións sobre procesos selectivos:

 

BAREMACIÓNS PROVISIONAIS DA FASE DE CONCURSO:

 

Proceso selectivo pola quenda de acceso libre, subgrupo C2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019.

 

Proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 007 do grupo II, titulada/o grao medio, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019.

 

Proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 002 do grupo III e categoría 062 do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019.

 

  • Anexo ás publicacións, figura:
    • A baremación provisional da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, de conformidade co disposto nas bases II.2 , II.3 e II.5 da convocatoria.
  • Reclamacións:
    • Podes formular reclamación contra as puntuacións provisionais no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.
    • O formulario de reclamación estará á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Dirección Xeral da Función Pública e deberá cumprimentarse e presentarse electronicamente segundo o establecido na base II da convocatoria.
    • O formulario de reclamación deberá especificar:
      • A alínea ou alíneas da base II.2 sobre as que se reclama,
      • Con indicación expresa daqueles méritos que se consideran erroneamente puntuados e
      • A causa concreta obxecto de reclamación

BAREMACIÓNS DEFINITIVAS DA FASE DE CONCURSO:

Contra ambos acordos poderase interpoñer recurso de alzada.

 

 

UGT Informa-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.