Sectores

Comisión de persoal ordinaria


No día de onte tivo lugar a Comisión de Persoal ordinaria, cos seguintes puntos dentro da orde do día:

 

RESOLUCIÓN de convocatoria, acceso libre, corpo superior, subgrupo A1:

UGT: abstención. CIG: en contra.         CCOO: a favor.         CSIF: en contra.        Enlace ao texto aprobado

Solicitamos a redución no primeiro exercicio do número de preguntas formuladas (non máis de 150) das cales trinta (30) do bloque I,  e cento vinte (120) do bloque II das cales noventa (90) teóricas e trinta (30) prácticas.

Ratificamos a nosa petición de modificar o contido dos temas da parte especifica, xa que tal e como están formulados, polo contido teórico dos mesmos, deixan á marxe á meirande parte das persoas graduadas nos diferentes graos das Ciencias Sociais a excepción das persoas graduadas ou licenciadas en Dereito. É fundamental introducir temas de carácter económico e social.

 

RESOLUCIÓN de convocatoria, acceso libre, corpo administrativo, subgrupo C1.

UGT: a favor.    CIG: en contra.    CCOO: a favor.    CSIF: a favor.         Enlace ao texto aprobado

O voto valora as modificacións introducidas na convocatoria que atenden ás alegacións formuladas por UGT. 

 

RESOLUCIÓN de convocatoria, promoción interna, no corpo administrativo, subgrupo C1,  escala de axentes de inspección especialidades: vixilancia de carreteiras e dominio público hidráulico.

UGT: a favor.         CIG: en contra.         CCOO: abstención. CSIF: a favor.            Enlace ao texto aprobado

Valoramos positivamente a celebración das distintas reunións informativas ás que fomos convocados pola Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, tendo claro, que o ámbito de negociación é o de Función Pública, tanto na Mesa Sectorial de Funcionarios como na Mesa Xeral de EEPP.

Valoramos positivamente a redución da proposta orixinal de dezaoito aos 14 temas recollidos na proposta actual logo de aceptar parte das achegas de UGT

Deberán ser incluídos nas bases os servizos efectivamente prestados como persoal laboral nas categorías 031 e 067 do grupo IV  (non unicamente na 31)

Instamos á Consellería a  buscar alternativas tendo en conta a situación dalgúns  traballadores afectados por non dispoñer das titulacións de Bacharelato ou FP grao medio, para explorar a posibilidade de recoñecer as competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, mediante o establecemento dunha cualificación profesional e as súas unidades de competencia correspondentes. Esta posibilidade, habilitaría ao persoal, para acadar a titulación, se así o desexa, superando o correspondente ciclo de formación profesional.

 

RESOLUCIÓN de convocatoria do proceso selectivo, acceso libre, no corpo auxiliar, subgrupo C2.

UGT: en contra.    CIG: en contra.         CCOO: en contra.    CSIF: en contra.       Enlace ao texto aprobado

Solicitamos a recuperación para o segundo exercicio dunha proba estritamente práctica e asistida de equipo informático. Solicitamos que nas bases se especifique a versión de LibreOffice a efectos de dar garantías ás persoas opositoras.

Manifestamos a nosa desconformidade coa condición de selectivo do curso no período de prácticas para as persoas que xa teñan superada a fase de oposición. Apostamos por un curso formativo de carácter obrigatorio coa finalidade de adquirir habilidades e destrezas naquelas ferramentas e programas informáticos de uso exclusivo na Xunta de Galicia.

ROGOS E PREGUNTAS:

Preguntas realizadas:

  • Cronograma sobre procesos selectivos en curso (ope social, corpos xerais tanto de libre como interna), previsións de publicacións.
  • Problemas dos chamamentos na categoría de gobernatía. O incorrecto encadramento desta categoría no subgrupo C1 da administración xeral fai que as persoas en listas en dito subgrupo estean a ser chamados para realizar substitucións para prazas de gobernate/a e subgobernate/a, ao igual que as persoas que estaban na listas de ambas categorías como laborais podan ser chamados para postos C1 xeral, o que pode xerar problemas que deben ser corrixidos.
  • Problemática de chamamentos para prazas de xornada inferior á ordinaria.
  • Reunións para tratar o baremo da ope extraordinaria.
  • Criterio adoptado sobre a acumulación de prazas de discapacidade, non cubertas, e sobre aquelas persoas que aprobaron promoción interna e libre no mesmo subgrupo
  • Convocatoria de RPT CGSIB

Resposta da DXFP:

  • Este mércores previsiblemente remitirase unha convocatoria ás OOSS para manter unha reunión a semana que ven, o día 28 ou 29, na mesma tratarase:
    • Información máis detallada da resolución dos procesos selectivos en curso.
    • As cuestións formuladas polas OOSS sobre as prazas de discapacidade non ocupadas e a nas que concorran persoas que superan o proceso de interna e libre para o mesmo subgrupo.
    • Iniciar a negociación do baremo dos procesos da ope extraordinaria (Lei 20).
  • Tema de listas, recoñece que parece que si é certo que hai algunha disfunción importante e mirarán de dar un arranxo o máis pronto posible.

 

UGT Informa-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.