Sectores

Concurso de méritos específico para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos


Vén de publicarse a Orde do 8 de xuño de 2022 pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería.

O prazo para a presentación de solicitudes  será de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, utilizando o formulario PR004A.

Como sempre, se tedes algunha dúbida, podedes contar con nós. Estamos aquí.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.