Sectores

Comisión de persoal ordinaria e mesa sectorial de persoal funcionario


O pasado xoves 9 de xuño, celebráronse dúas xuntanzas nas que se debateron as bases dos procesos selectivos, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia, subgrupos A2 e A1, respectivamente.

 

Comisión de Persoal: bases subgrupo A2

O resultado da votación foi o seguinte:

En contra: CIG e CSIF

Abstención: UGT

A favor: CCOO

O sentido do voto de UGT, abstención, ven motivado  porque aínda que valoramos positivamente o cambio de criterio temporal relacionado co programa de materias da proba selectiva xa que tal e como se propón nas bases “teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que, con data límite da data de publicación no DOG das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas, conten con publicación oficial no boletín ou diario correspondente, aínda que a súa entrada en vigor estea diferida a un momento posterior” (historicamente a data elixida era a data de publicación no DOG do nomeamento do tribunal) consideramos que o número total de preguntas no primeiro exercicio non debería ser maior de 120 (as bases recollían 150), das cales 20  de contido teórico da parte xeral e 100 da segunda parte das que 80 serían de contido teórico e vinte (20) preguntas serían un suposto práctico tipo test, sobre un ou varios textos propostos polo tribunal. Igualmente consideramos e propuxemos no segundo exercicio  desenvolver por escrito 1 tema, a elixir entre 3 (as bases recollían 2) obtidos mediante sorteo polo tribunal de entre os que forman o contido da parte específica do programa que figura como anexo da resolución.

Solicitamos tamén naqueles temas que non se poidan compoñer con normas de dereito positivo exclusivamente, se acompañe unha orientación bibliográfica concreta e específica, así como a elaboración de temarios por parte da EGAP.

 

Mesa Sectorial de Persoal Funcionario: bases subgrupo A1

REITERAMOS as seguintes propostas:

  • Volver a retomar as negociacións entre a DXFP e as OOSS para traballar no deseño dunhas bases uniformes, estables e actualizadas para todos os procesos selectivos co obxecto de establecer un marco de referencia garantista tanto para as persoas opositoras como para as persoas membros dos tribunais de cualificación.
  • Modificar o contido dos temas da denominada PARTE ESPECÍFICA. Entendemos que tal e como están formulados parecen pensados por e para persoas opositoras unicamente con formación xurídica, excluíndo na práctica polas esixencias do temario a todas as persoas graduadas en todas as disciplinas das Ciencias Sociais a excepción das persoas con Grao o Licenciatura en Dereito. É urxente deseñar un novo temario con materias específicas de carácter económico ou social.

 

UGT Informa-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.