Sectores

Actualización 13/06/22: Publicación das datas, horas e lugares da presentación e da primeira proba das persoas opositoras


Vén de anunciarse a publicación das datas, horas e lugares en que se fará a presentación das persoas opositoras e a primeira proba.

En contraste coa previsión anterior que a Xunta adiantara ós medios, a publicación de hoxe si que surte efectos e, salvo futuras correcións das que vos iríamos dando conta, responde á convocatoria oficial.

Os aspirantes que desexen revisar as publicacións oficiais que se levan dando en torno ás oposicións poden acudir a esta páxina da Consellería na que se van incorporando en orde cronolóxica. 

Próximamente tamén será importante revisar nesta páxina os avisos e convocatorias que poida facer cada tribunal.

—————————

Actualización 13/06/22: Vén de publicarse unha correción nas datas, horas e lugares. Infórmate por se che afecta.

 

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.