En RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, a Consellería establece que, a piques de esgotarse as listas correspondente ás especialidades de árabe (592002), de italiano (592012), portugués (592015) e ruso (592017) do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592), pasa a convocar un proceso de incorporación de novas persoas candidatas ás correspondentes listas.
O prazo estará aberto desde o xoves día 2 de xuño ata o mércores día 15 de xuño de 2022, ambos incluídos. As solicitudes deben realizarse obrigatoriamente dende a sede electrónica por medio do procedemento ED003A.
Para máis información accede ó anuncio.