Sectores

OPE extraordinaria pola reducción da temporalidade na sanidade pública galega


DECRETO 81/2022, do 25 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización do emprego temporal do persoal do Sistema Público de Saúde de Galicia, en desenvolvemento da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

O número de prazas que integran esta oferta ascende a un total de 2.568.

Dentro das entidades adscritas á Consellería de Sanidade e ao Servizo Galego de Saúde enténdense comprendidas:

  • Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde.
  • Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos.
  • Fundación Pública de Urxencias Sanitarias-061.
  • Galaria-Empresa Pública de Servizos Sanitarios.

A distribución do número de prazas por categorías/especialidades detállase nos anexos I, II e III do decreto.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.