Sectores

Concurso de traslados. Administración Xeral


Publicada hoxe a resolución que abre o prazo posesorio dos postos adxudicados en virtude da resolución definitiva do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 25 de novembro de 2019.

A apertura do prazo de toma de posesión:

  • Comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento e será:
    • de tres días hábiles se non implica cambio de residencia, ou
    • de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.
  • O cesamento deberá efectuarse o día 6 de xuño de 2022.
  • Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será vinte días hábiles e empezará a computarse o día 7 de xuño de 2022.

 

UGT Informa-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.