Sectores

EGAP: Convocatoria extraordinaria formación continua Administración Xeral e Entes Instrumentais


Publicada hoxe a resolución que convoca, con carácter extraordinario, actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.

As actividades formativas figuran no anexo II, e deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Requisitos dos/das participantes:

  • O persoal empregado público:
    • Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
    • Entidades públicas instrumentais enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010,
    • Administración institucional
  • En:
    • Situación de servizo activo ou servizos especiais que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II
  • Está exceptuado:
    • Persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
    • Persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia, policía local e bombeiros.
    • Persoal do Servizo Galego de Saúde, non entendendo por tal, os/as empregados/as públicos/as da escala de saúde pública e Administración sanitaria da Lei 17/1989.
  • Sen prexuízo do anterior:
    • Poderán ofertarse actividades formativas a empregados/as públicos/as pertencentes a outras entidades, organismos e institucións públicas, cando así se estableza na epígrafe «persoal destinatario» da actividade formativa.

Desenvolvemento das actividades de formación

  • Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria.
  • A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web: https://egap.xunta.gal.

Solicitudes e prazos

  • Prazo de solicitudes: dende o 26/05/22 ata 03/06/22.
  • As solicitudes só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo :https://egap.xunta.gal/matricula desde as 00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización.
  • Número máximo de cursos que se poden solicitar: 5.

UGT Informa-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.