Sectores

Comisión de Persoal (OPE Extraordinaria 2022)


CRITERIOS COMÚNS PARA A APLICACIÓN DO PROCESO DE ESTABILIZACIÓN

UGT: abstención. CIG: en contra. CCOO: abstención. CSIF: en contra.

O texto é o remitido, sen modificacións desde a Mesa Xeral.

Motivación do sentido do voto de UGT:

Poñemos en valor os avances sobre o documento inicial, en todo caso o noso voto baséase nos seguintes puntos nos que non fomos capaces de introducir no mesmo:

  • Que a Administración non fose quen de poñerse como reto baixar do 7% de taxa de temporalidade, cando esa porcentaxe xa estaba sinalada no anterior Acordo de concertación.

  • A ampliación data de referencia para o computo de prazas ao 31/12/2021, non a podemos compartir cando non ven así indicada na Lei, entendendo que limita en lugar de modular a favor.

  • Non recoller, a petición realizada por UGT, ao respecto de elaborar unha RPT que conteña os códigos que identifique os postos, tanto os que teñen referencia como os non referenciados, en similitude da realizada para o Acordo do ano 2008.

  • Non se aclara a cuestión da “toma de posesión efectiva”, que deixa sen seguridade a posibilidade de solicitar ou non excedencias sobre prazas, no suposto de superar varias en distintos procesos.

  • Falta claridade ao respecto da convocatoria polos Entes Instrumentais, neste momento só se sabe que certos Entes poderán convocar pero non sabemos a certeza de a quen lle corresponde a convocatoria. Con independencia de que é lóxico que exista unha homoxeneidade en todos os procesos, non é valadí quen convoca, pola posibilidade de valoracións superiores no tempo de traballo da entidade ou administración convocante.

  • Solicitábase a referencia expresa a realización, non só do concurso de traslados de persoal funcionario, senón que tamén para o persoal laboral, de administración xeral e entes instrumentais.

  • O non tratamento de bases e baremo, das que solicitabamos a súa inclusión aínda que fose de forma xeneralizada e non concreta, tampouco se incluíu.

  • Compromiso de quenda de promoción interna en ope ordinaria, non incluído.

CRITERIOS XERAIS DO DECRETO DA OPE EXTRAORDINARIA 2022

UGT: abstención. CIG: en contra. CCOO: abstención. CSIF: en contra.

Explica, o Director de Función Pública que, o texto remitido no día de hoxe, modifica as seguintes cuestións:

  • Artigo 1. Aprobación da oferta de emprego público: inclúense que a ope abarca ás Entidades Instrumentais.(a solicitude de UGT).

  • Artigo 5 Promoción interna horizontal para o persoal laboral fixo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e de entidades públicas instrumentais do sector público autonómico: Inclusión da afectación aos Entes Instrumentais (a solicitude de UGT).

  • Artigo 6. Criterios xerais de aplicación nos procesos selectivos: aumenta un apartado ao respecto do desenvolvemento dos procesos selectivos para adecualos, de ser o caso, ás recomendacións das autoridades sanitarias en períodos de emerxencia sanitaria.

  • Disposición derrogatoria dos procesos de estabilización e consolidación (anexos II e III) das ofertas de emprego público: derrogación expresa dos procesos non convocados derivados as opes dos anos 17, 18, 19, 20 e 21.

    • Inclúense 77 prazas das seguintes escalas xa convocadas e non cubertas aínda que non está rematado o proceso, pero si está xa en fase de concurso de méritos:

      • Persoal veterinario: 12

      • Persoal médico: 1

      • A1: 35

      • A2: 5

      • Asistente Social: 2

      • C2: 22

  • Prazas convocadas e que aínda están por desenvolverse os procesos convocados:

    • Incluiranse 135 prazas dos procesos convocados no mes de decembro, de acordo coa modificación que se fixo no Decreto.

    • 24 prazas dos procesos de A1 e A2 de Finanzas (entendemos que é un erro e que quixo dicir postos de A2 e C1 de informática, en todo caso serían 26). Sempre aos efectos de que as prazas no seu momento non se cubrisen e quedasen desertas pola non superación, polos candidatos, dos procesos selectivos.

  • Estimáronse preto de 600 alegacións das 4 OOSS.

  • Incluíronse 358 prazas do SPIF provenientes de SEAGA, respecto ás 200 que cambian de ubicación respecto a súa adscrición en SEAGA, revisarase si cumpren ou non cos criterios da disposición adicional oitava.

  • O proceso non termina coa aprobación da Oferta no Consello da Xunta de Galicia, seguiran a traballar cos buzóns e as convocatorias. Para evitar os erros que se podan ter cometido leve a que non se publiquen prazas que deberían saír, van dúas cuestións:

    • A disposición adicional terceira que permite levar a cabo unha redistribución entre os diferentes corpos, escalas e especialidades en función da súa definitiva clasificación na relación de postos de traballo ou en función da realidade das tarefas desenroladas e, no seu caso, das sentenzas xudiciais.

    • Disposición adicional cuarta, permite a posibilidade de ampliación de ata un 10% do número total de prazas da OPE, si esas prazas cumprisen os requisitos da Lei 20/2021.

  • Estas dúas medidas permiten ter maior tranquilidade, porque aínda que se fixo un traballo importante aínda quedan por examinar e comprobar alegacións. Nas vindeiras semanas se revisarán todos os supostos formulados e non aceptados e agradece o traballo das OOSS, a partir de mañá seguirán traballando nas mesmas.

  • Todo o proceso que é complexo, necesita de seguridade xurídica na elaboración das convocatorias, teñen o compromiso de realizar unhas convocatorias con criterios que permitan a modulación dunha maior valoración de méritos que podan favorecer ao persoal desta administración, sempre respectando a legalidade e que en procesos abertos coma estes eviten impugnacións que podan anular un proceso que afecta a 6.000 prazas no ámbito de Función Pública e no conxunto da Administración Galega supera as 13.000 prazas.

  • Analizarase o que vaian publicando o resto das CCAA, coas que entenden deben equipararse. A excepcionalidade que da este proceso de carácter extraordinario a Lei podía haber feito algunha distinción e non a fixo, intentarán a ver que poden ir achegando.

Motivación do sentido do voto de UGT:

Destacamos e valoramos todo aquelo que se avanzou no contido da proposta.

  • A mellora substancial do contido do articulado, que recolle como solicitaba UGT o recoñecemento do persoal dos Entes Instrumentais, en xeral.

  • Destacamos a modificación do artigo 5 sobre a habilitación do proceso de promoción interna horizontal, a través do artigo 5, ven a recoller unha demanda histórica de UGT, e que agora si conseguimos introducir, ao respecto da posibilidade de arbitrar procesos que rematen coa funcionarización do persoal laboral fixo posterior á entrada en vigor do EBEP: persoal laboral fixo dos procesos que aínda están en provisional e Entes Instrumentais como o CGSIB e CIXTEC entre outros.

  • A continuación do proceso funcionarización iniciada ao abeiro do Acordo de concertación.

  • Aténdese á retirada da Categoría III-099 a extinguir, do proceso de funcionarización, por entender que debe volver a negociarse o encadre que reflicte o Anexo do Decreto 165.

  • Considerase adecuada a proposta ao respecto da esixencia do requisito do idioma galego.

Pola contra o que leva ao noso posicionamento de voto, é que:

  • A salvagarda recollida na disposición adicional cuarta, ao respecto da posibilidade de engadir un 10% de prazas sobre a oferta que se aprobe hoxe, non establece unha garantía real de que todas as prazas convocadas (enxeñeiras e prazas de persoal informático de AMTEGA), sexan recollidas polos procesos da Lei 20. A solución proposta pode parecer que axuda a que aqueles postos, resultantes dos procesos e non cubertos, sexan amparados pola mesma pero esta circunstancia, todo pode parecer indicar, que non se vai a producir en todos os casos.

  • A documentación facilitada a través dos buzóns:

    • Abundante, pero pouco estruturada, nalgún caso como o CGSIB, entendemos que mal interpretada a literalidade da disposición oitava.

    • Mecanizáronse no entorno das 600 alegacións das que a día de hoxe non temos constancia do seu resultado que esperamos ver nos próximos días, pero si é certo que para certeza do que se aproba debera a Administración aportar unhas listaxes concretas e non o fixo.

    • Solicitamos encarecidamente que se nos facilitase unha listaxe de postos en “encomenda” no CGSIB, tanto de coordinacións, como de direccións e resto de persoal das distintas categorías. É necesario o coñecemento desas situacións para poder determinar o encadre de prazas na disposición adicional oitava.

En todo caso seguiremos traballando sobre os buzóns de prazas para continuar a analizar as posibles situacións que xeren dereito de inclusión, co que recollemos o transmitido por Función Pública sobre a continuidade dos traballos.

OPE EXTRAORDINARIA LEI 17/1989

UGT: en contra. CIG: en contra. CCOO: en contra. CSIF: en contra.

Non hai cambios no documento entregado á Mesa Xeral.

Motivación do sentido do voto de UGT:

Pola contra ao que ten sucedido co Decreto de ope do punto anterior, neste caso non houbo unha verdadeira intencionalidade de negociar nada. As listaxes entregadas reflicten a realidade de que neste caso a aplicación da Lei 20/2021, é pauperrima, no mellor dos casos, reducíndose de 60 prazas a 9 a afectación e tampouco se establece a salvagarda que si aparece na disposición adicional cuarta da ampliación do 10%.

Consideramos que non existe homologación ao texto de criterios aprobados para o ámbito da Función Pública.

RPT DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

UGT: abstención. CIG: en contra. CCOO: abstención. CSIF: abstención.

Sen cambios na documentación

Motivación do sentido do voto de UGT:

O voto podería ser en contra atendendo a que RPT que chega 2 anos tarde pola adaptación do decreto de estrutura, polas implicacións da tardanza de dar traslado das sentenzas de recoñecemento de pluses á RPT, pola non xeneralización de pluses a persoal baixo as mesmas circunstancias obrigando a acudir aos Xulgados para o recoñecemento de dereito.

E principalmente por non atender á negociación da integración do persoal de Illas Atlánticas e a regulación das súas condicións de traballo, mediante un acordo que recoñeza a súa especificidade. En todo caso atendendo ao compromiso adquirido de negociación para dar remate a esa situación que se plasma na convocatoria realizada e da que da fe o correo recibido esta mañá, no que se nos comunica a participación da DX de Función Pública na negociación, esperamos que a Consellería recolla o recado e atenda a rematar con unha situación inxusta e gravosa.

RPT DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACION, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

UGT: en contra. CIG: en contra. CCOO: abstención. CSIF: en contra.

Motivación do sentido do voto de UGT:

Modificación derivada, non dunha intención real de creación de prazas senón que deriva dunha sentenza que prohibe expresamente a externalización da encomenda de informes sobre bens de interese cultural no entorno do Camiño de Santiago.

Pese a todo os 14 postos que se crean o fan en niveis que non se corresponden coa responsabilidade asociada aos mesmos. Na Mesa Sectorial previa indicabamos que o sentido do voto dependería da intención manifestada hoxe sobre a apertura dunha mesa de negociación que tratase a suba dos niveis con que son creados, e en tanto a Consellería manifesta que non está pola apertura da mesma, o noso voto é en contra.

ROGOS E PREGUNTAS:

O Director Xeral comunica que:

  • Próximo venres 27 publícase en DOG:

    • Procesos selectivos:

      • Resultado da elección de destino de:

        • Promoción Interna: A1, A2, C1 e C2

        • Libre: A1, A2 e C2.

        • Publicarase o baremo de méritos dos procesos A1, A2, C1 e C2 e comezará o prazo de 10 días par alegacións de PI.

      • O día 6 de xuño será a data de apertura do prazo posesorio.

      • Primeiro exame de procesos de Lei 17, non antes do mes de setembro deste ano.

    • Concurso de traslados:

      • O día 6 de xuño será a data de apertura do prazo posesorio.

  • A semana que ven tamén irán publicándose outros baremos provisionais de méritos pendentes, coa correspondente apertura do prazo de 10 días para realizar alegacións.

  • UGT solicita de novo a listaxe de encomendas do CGSIB.

INFORMA-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.