Sectores

Xuntanza coa Axencia Galega de Innovación. OPE extraordinaria 2022


Na xuntanza mantida polos representantes de GAIN coas OOSS, no día de onte, ao respecto da presentación das prazas desta entidade instrumental afectadas pola Lei 20/2021, de cara á súa inclusión na OPE Extraordinaria 2022, indicouse o seguinte:

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) ten un total de 51 prazas afectadas pola Lei 20/2021, 9 incluídas na súa RPT e 42 sen código de posto da axencia pero coa súa correspondente liña de crédito. Todas elas compren os requisitos para ser incluídas no buzón de postos a ofertar para a súa cobertura mediante Concurso de Méritos (prazas estruturais e non estruturais, ocupadas con vinculación laboral temporal ininterrompidamente antes do 01/01/2016 e ata o 31/12/2020, vacantes e dotadas presupostariamente), recollido na disposición adicional sexta da citada Lei.

DENDE UGT INDICAMOS O SEGUINTE:

  • Entendemos que esta xuntanza tiña que ter sido convocada e realizada hai semanas, e en todo caso, con anterioridade á celebración da Mesa Xeral, celebrada o venres pasado.
  • Valoramos positivamente a certificación realizada ao respecto da relación de prazas afectadas pola Lei, indicando o cumprimento dos requisitos establecidos na mesma e a súa dotación orzamentaria no capítulo I da axencia.
  • Presentamos alegacións ao respecto das prazas da entidade incluídas na súa RPT, tendo en conta que:
    • Por unha banda, a praza EIA110000215770029 ten que ubicarse no buzón 1 (concurso de méritos) e non no buzón 2 (concurso-oposición) publicados pola DXFP, que é onde figura ubicada. 
    • Por outra banda, as 5 prazas (EIA110000215770010/11/17/19/20), que figuran no buzón 1, deben ofertarse, xa que na actualidade figuran coas observacións “Convocado (estabilización)”. Solicitamos que saían todas as prazas ofertadas, xa que non se pode acreditar a súa convocatoria previa á entrada en vigor da Lei 20/2021.
  • Finalmente, solicitamos como xa fixemos nas distintas reunións mantidas coa Dirección Xeral da Función Pública, que a convocatoria destas prazas poidera realizarse directamente pola entidade instrumental, aínda que está pendente de negociar na Mesa Xeral, por consideralo moito máis axeitado polo tipo de postos e as funcións desenvolvidas, e polo persoal que os ocupa ininterrompidamente dende hai máis de quince anos, na maior parte dos casos.

 

UGT Informa-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.