Sectores

Mesa Xeral OPE extraordinaria 2022


BORRADOR CRITERIOS COMÚNS PARA A APLICACIÓN DO PROCESO DE ESTABILIZACIÓN

Informa que se remitiu o texto con algúns dos cambios explicados en reunións anteriores e que se enviará un novo para a Comision de Persoal, que levará as seguintes cuestións, que anticipa:

  • Titulación académica: levará a redacción da Resolución da Secretaría de Estado,
  • Respecto á determinación das prazas, sinala que poderá engadirse un determinado número das prazas dos buzóns, que aparecen como xa convocadas, para cubrir a eventualidade de que queden vacantes, como consecuencia da non ocupación a través dos procesos selectivos convocados, recolléndose as mesmas polos procesos da Lei 20/2021.
  • Nas convocatorias dos procesos selectivos dos procesos de estabilización derivados da lei 20/21, poderán incluírse ata un 10% adicional mais das prazas das que se anuncia no decreto de OPE, co fin de subsanar calquera posible desaxuste nas cifras finais.

Comunica que:

  • Está remitido o listado de todos os entes e tamén un novo do CGSIB.
  • Remiten tamén o listado de todas as alegacións presentadas polas OOSS, inclúense 584 aceptadas.
  • Ao respecto das prazas do SPIF, creadas en 2019, inclúense 356, que corresponden coa transformación idéntica das prazas das que derivan de SEAGA, é dicir no mesmo lugar. O resto onde non se fixo dita transformación revisaranas por si algunha pode corresponder cos requisitos da disposición adicional oitava.

Tendo en conta que vai a sufrir variacións e polo tanto non son os números finais, informa que a OPE aproximadamente será no entorno das seguintes cifras:

Captura de pantalla 2022 05 23 092543

  • Nestas cifras totais están descontadas as prazas dos procesos convocados e xa rematados, ou en proceso de concurso de méritos.
  • Sobre as bases das convocatorias, informa que iniciaranse as reunións ao longo do mes de xuño para traballar xa sobre propostas concretas do que se debe valorar.
  • Comprométese á elaboración dunha RPT de prazas dos procesos, igualmente que ao remate da do Consorcio, tal e como recoñece existe o compromiso.
  • A toma de posesión das prazas será, en principio, con carácter provisional, salvo que se realizasen con carácter previo concursos de traslados, que xa di que non vai a ser na maioría dos casos, porque non existe capacidade para levar adiante os procesos e paralelamente os concursos correspondentes. A elección de destino será provisional e a elección de destino será sobre as prazas do persoal interino.
  • Aplicación aos entes, creen que o documento no punto 6 recolle xa a todos os entes.
  • Respecto á lingua galega o criterio que van a manter, sempre que a asesoría xurídica o valide é facer o mesmo que se está a facer no ámbito da Función Pública, esixir o diploma de CELGA correspondente, en caso de que non se posúa se faría o exame correspondente. Pechándose igual para todos os sistemas (art.2, disposicións adicionais 6ª, 7ª e 8ª).
  • Con carácter xeral, para os entes do artigo 45.a LOFAXGA a convocatoria será por parte de Función Pública pero o resto dos casos é un tema que se estudiara a partir do próximo mes.
  • Excedencias: nas OPEs ordinarias, nesta Comunidade, a toma de posesión efectiva permítese a excedencia por ocupar praza na propia administración, hai administracións como a do Estado nas que non se permite. Analizarán a normativa, xa que aprobar tres procesos e deixar dúas prazas en excedencia no mesmo acto hai administracións que non o permiten, e Función pública entende non se debe permitir pola natureza do propio proceso extraordinario cuxo obxectivo é a diminución da temporalidade, e de permitilo non se cumpriría.

VALORACIÓN DE UGT:

Ao igual que se relatou na pasada mesa previa, valóranse os avances no documento. Sobre as novidades apuntadas hoxe:

  • Consideramos positiva a inclusión da redacción da Resolución da Secretaría de Estado de Función Pública, ao respecto das titulacións académicas, que entendemos axudarán en determinadas situacións.
  • Sobre o apuntado da inclusión de prazas dos procesos convocados no pasado mes de decembro, entendemos que quen ten os datos e o coñecemento das cuestións asumiu compromisos aos que agora debe buscar acomodo de forma que permita non minorar os dereitos das persoas. En todo caso e para poder emitir opinión esperamos á redacción que pasen para poder emitir opinión na Comisión de Persoal.
  • UGT entende que o criterio a aplicar, sobre a convocatoria de procesos nos Entes Instrumentais, é o da súa integración ou non ( exemplo: AGADER, IGAPE, AGACAL).
  • Sobre as prazas do SPI que faltan, requirimos coñecer se non lles é de afectación a disposición oitava.

Ao respecto do texto:

  • Consideramos que o punto 6, si ben é certo que consta como cláusula de peche ao respecto dos entes instrumentais, a súa redacción deixa fora a parte dos mesmos, motivo polo que se incide nas nosas alegacións a que se modifique, para que quede claro o seu ámbito de aplicación.
  • Sobre o persoal laboral indefinido non fixo, si ben é certo que queda clara a repercusión sobre aquel que presta os seus servizos na Administración Xeral, non é así ao respecto dos Entes Instrumentais, debe quedar claro, é dicir responder as preguntas de, como estabiliza, en que condición e quen convoca?.
  • Consideramos que o obxectivo de acadar o 7% de taxa de temporalidade debe ser rebaixado.
  • Ao respecto de concurso previo, entendemos que debe constar no só para o persoal funcionario, senón que tamén para o laboral.
  • A comunicación ao persoal afectado debe ser fehaciente, non só a través de DOG, as prazas sen codificar necesitan de identificación, para o que se propón a elaboración dunha RPT específica destes procesos, en similitude coa elaborada para os procesos do ano 2008.
  • Sobre a toma de posesión efectiva e a posibilidade de elección de varias prazas en distintos sitios, consideramos que de non aclararse isto non axuda á consecución da redución da temporalidade.

PROPOSTA DE CRITERIOS XERAIS DO DECRETO DA OPE EXTRAORDINARIA 2022

Informa das seguintes cuestións.

  • Inclusión dun proceso de funcionarización para determinadas prazas que non estiveron incluídas nas ofertas anteriores.
  • Planificación dun proceso de promoción interna horizontal para aquel persoal laboral fixo, que voluntariamente se presente, a prazas de funcionario de escala equivalente. Sinaladamente será para o persoal fixo do CGSIB e para todo aquel que está nos procesos selectivos de persoal laboral da ope 2017 que superou os mesmos como laboral, que, podería por este proceso de promoción interna, adquirir á condición de funcionario.
  • Agruparanse as prazas que sexan na mesma categoría equivalente a unha escala, convocándose todas na escala funcionarial, pretenden evitar con isto a acaparación de prazas e porque simplifica a xestión do proceso.
  • Prazas de SEAGA, caso peculiar e complicado no que se fai unha interpretación ampla, aplicando que si a creación das mesmas no se corresponde co mesmo Distrito no que estaban na Empresa, non hai identidade de posto, e polo tanto non procede a oferta pola disposición sexta. Polo tanto as que van son as que Medio Rural di que hai identidade de ubicación. Respecto do restante número de prazas, convocaranse na oferta ordinaria, porque son prazas de nova creación. Revisarán por si algunha puidera ter afectación da adicional oitava.
  • Promoción interna: Nun proceso de estabilización de preto de 4.000 prazas que se teñen cubrir por interinos ou persoas que non están con carácter fixo na administración, si sacasen un 25% máis é dicir 1.000 prazas máis para cubrir por xente que está na administración, loxicamente habería un descontrol total de escalas, porque neste momento se está indo a unha redución maior do 7%. O proceso non pode ter promoción interna, é un proceso extraordinario no que non é factible incorporar quenda de interna.
  • Galaria e a Fundación de Medicina Xenómica, van na oferta de Función Pública porque non son prazas de persoal estatutario, son prazas laborais, e a oferta do SERGAS leva exclusivamente prazas estatutarias.
  • Todas aquelas prazas que cumpran o requisito e non estean nas alegacións aceptadas, confirma que se incluirán, fai referencia expresa a aquelas quen carecen de código. Así mesmo alude á posibilidade aberta no documento de ir a unha ampliación de ata o 10% das prazas, por si aparecesen novas prazas que nun primeiro momento non constan, en previsión de calquera incidencia que se detecte posterior á publicación da oferta.
  • O documento remitido hoxe non é o definitivo que irá a Comisión de Persoal, insta a que si hai cuestións que se podan modificar se aleguen e se lles remitan para poder analizalas.
  • Considera que coa Lei xorden cantidade de problemas interpretativos e problemas aos que o Estado non foi quen de poñer solución de forma clara.
  • A acumulación das prazas das convocatorias de decembro á oferta da Lei 20, realízase por entender que non tería sentido que ofertada non se chegasen a cubrir e como indica o histórico de procesos, moitas non se cobren, polo que non tería sentido que non cubertas volveran a ser ocupadas por persoal interino.
  • Da Consellería de Medio Ambiente hai 45 prazas incluídas, polo tanto máis que as do persoal de Illas Atlánticas.
  • Non é un proceso que remate o día 25 cando se aprobe, leva un par de artigos, propostos polas OOSS, que permitirá incluír e corrixir prazas que puideran quedar sen detectar. As prazas serán examinadas coas convocatorias.

VALORACIÓN DE UGT:

  • Debe modificarse o preámbulo para que quede claro que a aplicación da Lei 20/2021 é de aplicación a Administración Xeral e a todos os seus Entes Instrumentais.
  • Acóllese satisfactoriamente a inclusión do proceso de funcionarización que debe dar continuidade ao iniciado co Acordo de concertación e respectando as garantías que este contemplaba. Requirimos expresamente que do mesmo se retire a categoría III-099 a extinguir.
  • Valorase positivamente a inclusión da promoción interna horizontal, que permitirá a participación do persoal laboral fixo do CGSIB, do CIXTEC así como a daquel que acaba de superar os procesos da ope 2017.
  • Estamos de acordo co expresado sobre o tema da lingua galega, en canto á esixencia como requisito do CELGA correspondente, e en caso de non estar en posesión do mesmo a realización de proba ao efecto, e que dita condición sexa para todos os procesos derivados da Lei 20.
  • Reclamamos a revisión da aplicación da 8ª nas prazas de MR, provenientes de SEAGA, así como que tamén lle sexa de aplicación a mesma adicional a 18 postos do Ente Instrumental que en decembro de 2021 estaban a ocupar posto de todo o ano.

OPE EXTRAORDINARIA LEI 17/1989

Observamos que os criterios xerais do decreto de OPE que se establecen nesta Mesa Xeral para admon xeral e entes, non se reflicten no borrador de decreto de OPE da lei 17/89, polo que entendemos deberan ser incorporados, como por exemplo a cuestión do idioma galego. Consideramos que todo o persoal  ao amparo de Función Pública, e este o é, debe ter as mesmas regras nos procesos selectivos, incluíndo tamén a posibilidade ou non da consideración de fase de oposición como eliminatoria.

MODIFICACIÓN DA RPT DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Consideramos que chega tarde polos seguintes motivos:

  • A adaptación ao Decreto de estrutura logo da súa aprobación fai 2 anos.
  • A repercusión sobre os pluses recoñecidos en sentenzas xudiciais causan prexuízo polo retraso na súa aplicación e porque é unha oportunidade perdida da extensión do dereito á súa percepción por persoal que está nas mesmas circunstancias e que obrigará a interpor novas demandas, en lugar de negociar a súa aplicación de forma xeneralizada. Debería a Consellería aplicar o concepto que se aplica nas RPTs de funcionarización de igualación salarial por arriba en identidade de suposto laboral.
  • A non aplicación do Acordo de Axentes ao persoal das Illas Atlánticas.
  • A integración do persoal de Illas Atlánticas, que logo de 13 anos incorporados á Xunta de Galicia seguen sen integrarse.
  • UGT reclama a negociación dun Acordo específico de condicións de traballo do persoal das Illas Atlánticas que recoñeza a singularidade e especificidade do seu traballo, é de xustiza.

Resposta da Consellería:

Trataron de acoller as alegacións presentadas pero as limitacións orzamentarias non permitiron chegar máis aló.

Respecto ao Parque Nacional de Illas Atlánticas, di que se enviou un borrador de documentación, (UGT non o recibiu). Tratarase un Acordo de condicións de traballo e esperan comezar as reunións a semana que ven ou a seguinte.

ROGOS E PREGUNTAS:

  • Elección de destino: publicaranse no DOG o dia 27 a resolución dos procesos de elección de destino e de toma de posesión da promoción interna A1, A2, C1 e C2 e tamén de libre de A1, A2 e C2. Hoxe probablemente publicarase o resultado na web.
  • Baremación de méritos: publicarase directamente en DOG, a de varios procesos selectivos. Non o publicarán en web porque o prazo para presentar as alegacións comeza ao día seguinte da súa publicación no DOG e encontráronse que cando o publican na web, hai bastantes persoas que fan as alegacións entre a publicación na web e a publicación no DOG e polo tanto xuridicamente non sería válida. Afirma que aproximadamente na semana do 30 de maio sairán polo menos 8 deses procesos e ao longo do mes de xuño intentarán publicar a maior parte deles.
  • Concurso de traslados: Sen querer indicar a data de forma precisa, informa que se remitiron instrucións ás Consellerías para como proceder cos nomeamentos e ceses, a semana que ven reuniranse coas Consellerías. O previsto é que entre a última semana de maio ou primeira de xuño será a data do inicio do prazo de toma de posesión.
  • Decreto de flexibilidade: haberá reunións previas para tratalo antes da Comisión de Persoal.

 

UGT Informa-t

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.