O xoves 5 de maio celebarase a Mesa Sectorial na que se debatirá cos responsables da Consellería de Educación, sobre o Anteproxecto de Orde pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022-2023 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.
Se estás interesad@, dende a UGT Ensino escoitamos as túas posibles aportacións e suxestións para presentalas nesta reunión. Por iso, fainos chegar as túas aportacións a través do liberado da túa zona ou escribíndonos ó correo ensino.galicia@ugt-sp.ugt.org