Sectores

Resumo reunión informativa con Función Pública o 29 de abril


INFORMACIÓN SOBRE AS ELECCIÓNS DE DESTINO PROCESOS A1, A2, C1 E C2

  • Comunican que no buzón de postos xa están incluídos todos os postos que quedaron vacantes por resultas do concurso.
  • Sobre os criterios para elección de C1 e C2, indica que non hai problema porque hai prazas suficientes vacantes puras e o criterio da oferta de prazas, tendo en conta que esta elección de destino ven de procesos anteriores á estabilización, non se dan a elixir prazas que están neses procesos.
  • En A2 non chegan as vacantes puras e teñen que ofertar prazas ocupadas por persoal interino de ocupación posterior a 01/01/2018.
  • En A1 tiñan varias opcións: non realizar agora a elección de destino, escoller 38 prazas anteriores a 01/01/2016, escoller todas as prazas que quedaron vacantes despois do concurso o que significa incluír postos de N25 e por último ofertar as de N20 que quedan vacantes despois do concurso en toda a CA. Valorando as circunstancias, elixise a última opción para non xerar prexuízo a funcionarios máis antigos que podan acceder a prazas de nivel.
  • En canto teñan os buzóns xa completos de cada subgrupo os remitirán ás OOSS a efectos informativos e por si se detecta si algunha praza está ocupada por persoal interino para que se lles comunique.

CONCURSO DE TRASLADOS DE CORPOS XERAIS:

  • Vaise a realizar en paralelo a elección de destino dos que elixan de promoción interna e o concurso.
  • Ao longo deste mes de maio publicarase no DOG o prazo para elección de destino, entre a última semana de maio e principios de xuño (entre o 30 de maio e o 1 de xuño) o inicio do prazo para a toma de posesión do concurso de traslados.
  • Desminte, desta forma, algunha información ou bulo, indicando que non hai ningún cambio respecto do que xa se comunicou nas últimas mesas a preguntas das OOSS ao respecto do concurso.

BUZÓNS.

  • Explican que se trata dun traballo coordinado entre todas as Consellerías, os Entes e a DXFP, sendo os entes os que remiten os datos, posto que ao ter RPT non están no Rexistro Central de Persoal.
  • Os datos son 4.946 prazas e poderá haber variación sobre o número en función dos traballos que están realizando.
  • Conteñen os datos mínimos que permitan a comprobación de inclusión, tanto no artigo 2 como nas disposicións adicionais da Lei 20, cumprindo a LOPD.
  • Os Entes Instrumentais van en buzón separado, se ben pode ser que falten algúns, se está traballando na súa elaboración.
  • buzón 1: conten un listado consolidado, no que aparece unha columna que indica si a praza está xa convocada en proceso de estabilización ou consolidación, o que implicará a non inclusión nos procesos da Lei 20, no caso de que sexa ocupada como resultado do proceso no que está incursa. Indica como exemplo o proceso de persoal veterinario de consolidación, no que se convocaran 34 prazas, onde 22 previsiblemente vanse a cubrir e quedando 12 que entrarán nos procesos da Lei. En igual sentido sinala que no proceso de C2 eran 22 prazas que tampouco se cubriron e sairán de novo. Tamén están incluídas todas as prazas da DA 10ª 1ª parte do VCCU, das que xa no seu día se prevía o concurso de méritos como forma de consolidación.
  • Faltan prazas que non teñen código de posto de RPT, están traballando en identificar os postos.
  • Están elaborando o cadro da oferta extraordinaria para ter o número de prazas, por escala, especialidade e categorías nos anexos correspondentes. O Anexo II será o do concurso de méritos e o anexo III o de concurso-oposición, no que figuren as prazas por subgrupo. A oferta ordinaria de taxa de reposición queda para máis adiante unha vez rematada esta e gran parte dos procesos que se están desenvolvendo.
  • Buzón 3: prazas de PLINF que non están creadas que non teñen posto en RPT.
  • As prazas de recente creación en RPT na Consellería de Educación probablemente non están incluídas, dado que a publicación en DOG foi posterior á elaboración do buzón.
  • Con respecto ás prazas con carácter descontinuo de 6 meses do SPIF creadas no 2019, comunica que se analizará a pertinencia legal da súa inclusión nos correspondentes buzóns (concurso ou concurso-oposición) e que dará resposta nas seguintes xuntanzas.

CRITERIOS:

  • Sobre a concreción do prazo de interrupción, estableceuse o criterio dos 3 meses, e non o mes que ía no borrador remitido.
  • Sinalan que a súa intención é procurar consensuar uns criterios que, adecuados á normativa básica, permitan reducir a temporalidade de conformidade co obxectivo que marca a Lei e que implique, a ser posible, que os máis favorecidos por esa redución da temporalidade sexa o persoal temporal que está traballando na administración autonómica. Indica neste sentido, algo que debe quedar claro dende o principio que é, que non existe “a miña praza”, dado que se trata de prazas que saen a un proceso público no que se pode presentar calquera persoa que traballase en calquera administración, desta comunidade ou de outras, e que polo tanto finalizado o proceso correspondente haberá unha listaxe de categorías ou escalas sobre o que se elixirán as prazas polo orde de puntuación resultante do baremo, e o máis lóxico é que “só o 10% quede na mesma praza na que estaban”, porque a elección de destino realizase pola puntuación acadada. Aínda supoñendo que o 90% dos que superen o proceso traballen nesta administración a elección de destino levará implícitos cambios con respecto a actual ocupación do persoal que participa.
  • Aínda que a negociación sobre os criterios iniciará o mércores que ven, apunta algunha cuestión ao respecto do que xa se recibiu nalgunha alegación. Afirma que os procesos deben garantir a maior seguridade xurídica sen incumprir nin normativa básica nin a xurisprudencia sobre estes temas. Sinala que si ben se pode consensuar algunha modulación, posto que se trata de procesos extraordinarios, “en ningún caso van a contemplar que só se puntúen os servizos prestados na Xunta de Galicia, por ser contrario á norma e á xurisprudencia”.

OUTRAS CUESTIÓNS:

  • Anuncia que remitiran a semana que ven o borrador (xa por terceira vez) da RPT do Consorcio, co obxectivo de ter as prazas creadas na condición que corresponde coa oferta que se ten que realizar.
  • Nos vindeiros días remitiranse os borradores de procesos de A2 (o de A1 xa está remitido) C1 e C2 o de PI de legoeiros tal e como estaba previsto. Sobre estes procesos, informa dos datos de xubilacións mínimas previstas para o período 2021 a 2024:

Captura de pantalla 2022 05 02 100648

 

                                                                                            UGT INFORMA-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.