Sectores

Mércores 27 de abril: Mesa Sectorial para tratar a ordenación e o currículo de educación primaria.


O mércores 27 de abril celebarase a Mesa Sectorial na que se debatirá cos responsables da Consellería de Educación, entre outros puntos, sobre Anteproxecto de Decreto polo que se establece a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Podes consultar o borrador ó respecto no arquivo adxunto a esa nova.

Se estás interesad@, dende a UGT Ensino escoitamos as túas posibles aportacións e suxestións para presentalas nesta reunión. Por iso, fainos chegar as túas aportacións a través do liberado da túa zona ou escribíndonos ó correo ensino.galicia@ugt-sp.ugt.org

Anteproxecto – Decreto Currículo Ed. Primaria.pdf

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.