A publicación da resolución definitva do Concurso Xeral de Traslados no DOGA do 18/04/2022 marca a apertura do prazo para solicitar comisións, ben sexa por motivos de conciliación familiar, ou para atender a situacións de saúde.
Dende hoxe, martes 19 de abril, e ata o próximo luns 2 de maio de 2022, as persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude comezando no aplicativo https://www.edu.xunta.gal/cadp/ e rematando na sede electrónica coa xeración do resgardo.
Para máis información podedes consultar os nosos boletíns informativos sobre as comisións por conciliación e por saúde.
Como sempre estamos moi cerca para aclararvos dúbidas e faremos un seguimento das solicitudes dos afiliados que nolo soliciten.