Sectores

O Tribunal Supremo confirmou a sentenza do TSX-G que anulou a carreira profesional na Xunta


A CIG conseguiu o peor dos escenarios posibles, anular a carreira vixente, do persoal da Xunta sen garantir a súa extensión como anunciaba.

 Esta Sentenza constitúe un verdadeiro fracaso da acción sindical e dos servizos xurídicos da CIG, pois ao único que obriga e a ter que negociar novamente a carreira profesional do persoal da administración xeral da Xunta de Galicia, sempre e cando a administración sexa quen de presentar unha nova proposta.

A sentenza gañada pola CIG contra a orde que regula o grao I do sistema extraordinario da carreira profesional efectivamente xa é firme, e anula a carreira profesional para todos, sen que haxa obriga ningunha para a administración a estender o dereito ao grao I ao persoal que non o viña cobrando.

Os sindicatos non asinantes, entre eles a CIG e a CSIF tiveron a oportunidade, por medio da negociación colectiva na xuntanza da Comisión de Persoal do día 26 de xullo de 2019, de estender o dereito para todos e decidiron votar en contra. Agora non vale pretender emendar o erro enganando ao persoal cun suposto triunfo xurídico que non é tal.

Tampouco é verdade que a Xunta teña agora dous meses para executar a sentenza e incluír a todo o persoal que cumpra os requisitos (sexa funcionario de carreira ou persoal interino ou laboral) no ámbito subxectivo do primeiro grao extraordinario, pois o que pode suceder é que si non se chega a outro acordo quede definitivamente suspendida a carreira profesional para o persoal que xa a viña cobrando sen que se vaia estender a ningún colectivo máis.

En todo caso desde UGT e CCOO, como asinantes do actual acordo que supuxo a implantación da carreira profesional na Xunta de Galicia, esixen:

  1. Que se garanta por parte da Administración que a carreira profesional seguirá pagándose como ata agora.
  2. Que se leven adiante as modificacións necesarias para o acceso e incorporación ao cobro da carreira extraordinaria daquelas persoas que non cumprían os requisitos no ano 2019, pero que agora si os cumpren, así como para a progresión ao Grao II de carreira a todas aquelas persoas que xa viñan cobrando o Grao I.
  3. Que, en todos os casos, os efectos económicos do recoñecemento do grao correspondente deben ter efectos retroactivos a 1 de xaneiro de 2022.
  4. Que as anualidades e porcentaxes do cobro do II Grao e sucesivos teñen que ser homoxéneas para todo o persoal independentemente do seu grupo de clasificación.
  5. Que, tal como establece o Acordo de Concertación, se negocie e publique o Decreto que regulará a carreira profesional ordinaria para que as persoas que cumpran os requisitos poidan seguir progresando e acceder aos graos III e IV

Sobre estas premisas, CCOO e UGT esixen a inmediata apertura da negociación coa Dirección Xeral de Función Pública co obxecto de primeiro, garantir a continuidade do cobro da carreira profesional, segundo, incorporar á mesma ao persoal que non puido acceder no ano 2019 e terceiro, permitir a progresión ao Grao II a quen xa viña percibindo o Grao I.

 

 

                                                                                      Descarga a nota informativa conxunta

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.