Na xuntanza mantida pola Dirección Xeral da Función Pública coas OOSS, no día de hoxe, ao respecto da OPE 2022, indicouse o seguinte:
A Secretaría de Estado da Función Pública fixo pública unha resolución sobre orientacións para a posta en marcha dos procesos de estabilización, nin acordada coas CCAA nin coas OOSS. Aínda que si negociada coas primeiras, non se chegou a acordo porque Galicia, entre outras, que presentou as súas alegacións, non estaba de acordo co contido dalgunhas das cuestións fundamentais plasmadas na citada resolución.
Unha vez remitido o documento citado, por parte da Xunta de Galicia tamén se remitirá, no día de hoxe ás OOSS, o Borrador de criterios comúns para a aplicación do proceso de estabilización derivado da Lei 20/2021, de 28 de decembro, para a redución da temporalidade no emprego público, que recolle parte dos criterios do documento estatal posto que é o establecido na propia lei que é obriga cumprir, engadindo outra serie de cuestións que podan axudar a aclarar a interpretación do texto normativo. A partir do seu envío darase un prazo temporal para alegacións (21/04/2022).
Os criterios de determinación de prazas son os que se conteñen no borrador que envían para alegacións, as convocatorias e baremos negociaranse despois da publicación da OPE, cuxa publicación será antes do 1 de xuño de 2021, mentres que para as convocatorias hai prazo ata 31 de decembro de 2022.
Continua cunha exposición sobre a lei, que pretende a redución da temporalidade por dúas vías:
-
Concurso de Méritos (prazas estruturais e non estruturais, ocupadas con vinculación laboral temporal ininterrompidamente antes do 01/01/2016 e ata o 31/12/2020, vacantes e dotadas presupostariamente), recollido na disposición adicional sexta. Tamén incluiríanse, en virtude do disposto na disposición adicional oitava, as prazas vacantes ocupadas por persoal, con vinculación laboral temporal anterior ao 01/01/2016 e ata o 31/12/2020, aínda que non sexa na praza que ocupan na actualidade, que non obstante, será obxecto de estabilización.
-
Concurso Oposición (prazas estruturais e non estruturais, ocupadas con vinculación laboral temporal ininterrompidamente antes do 01/01/2018 e ata o 31/12/2020, vacantes e dotadas presupostariamente), recollido no artigo 2.
Nos dous supostos, as prazas teñen que estar ocupadas na data de entrada en vigor da lei, isto é, o 30/12/2021.
Por outra banda, a DXFP considera que se mantén o carácter ininterrompido de ocupación dunha praza, sempre que se garanta esta situación aínda que quede vacante a praza, se volta a ocuparse nun prazo máximo dun mes, e sempre e cando a súa ocupación non sexa por persoal fixo, porque interromperíase o cómputo da temporalidade.
Aínda que, a normativa deixa ben claro que é un procedemento de estabilización de prazas e non de persoas, hai elementos que afectan á persoa da que deriva a convocatoria da praza, como poden ser, entre outras: a indemnización pola non superación do proceso coa posibilidade da súa inclusión en bolsas especiais de contratación ou a perda da correspondente indemnización pola non presentación ao proceso.
Comezarán a remitirse os listados das prazas a incluír na OPE 2022, entre hoxe e o luns, comezando polas afectadas pola 1ª e 2ª parte do Convenio Colectivo, isto é, prazas non convocadas ou que sendo convocadas non foron cubertas. Todas as prazas serán identificadas, co código correspondente, e achegaranse tamén as iniciais e catro díxitos dos DNIs das persoas que as ocupan. Remitiranse en lotes por escalas para facilitar a súa revisión, e en primeiro lugar as prazas de concurso de méritos (anteriores a 01/01/2016), descontadas as convocadas con anterioridade á entrada en vigor da lei dos listados correspondentes.
Estableceranse detalladamente as prazas que irán por concurso de méritos e as que o farán por concurso-oposición, ademais das que irán pola taxa ordinaria de quenda libre.
Todos os anexos II e III das OPEs anteriores quedarán derrogados, porque os procesos das prazas ou están executándose/executados ou pasan a ser substituídos pola oferta de 2022.
Todas as prazas da DA 10ª, 1ª e 2ª parte, do V Convenio colectivo da Xunta de Galicia (estímanse unhas 600 prazas).
Incluiranse nos listados as prazas ocupadas por persoas que fosen declaradas como persoal indefinido non fixo por sentenza xudicial/resolución administrativa, non so a 31 de decembro de 2020 senón tamén posteriores e ata a data de aprobación da oferta.
Incluiranse nos listados as prazas a tempo parcial (TP) ocupadas con vinculación laboral temporal ininterrompidamente de acordo aos criterios enunciados con anterioridade, que poderanse cubrir igualmente no proceso de estabilización neste mesmo formato.
Incluiranse nos listados as prazas fixas descontinuas ocupadas con vinculación laboral temporal ininterrompidamente de acordo aos criterios enunciados con anterioridade.
Incluiranse nos listados as prazas ocupadas nos tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2020, por persoal interino ou temporal, sen posto con dotación referenciada, pero cuxa prestación de servizos responde a necesidades estruturais e teñan a cobertura orzamentaria necesaria.
Finalmente, incluiranse tamén as prazas dos entes instrumentais, que cumpran as condicións detalladas con anterioridade, previsiblemente nunha oferta única, separada nalgún suposto concreto, aínda que noutros non, por exemplo AMTEGA ou ATRIGA sempre vai conxunta na oferta ordinaria.
Non é necesaria inicialmente a modificación da RPT de tódalas prazas para a súa publicación na OPE, senón que a necesidade das prazas será no momento da toma de posesión, polo remate dos correspondentes procesos selectivos.
Unha vez publicada a OPE, as convocatorias e os criterios de baremación serán obxecto de negociación polas OOSS presentes na Mesa Xeral de Empregados Públicos. Indicándose que valoraranse os méritos como persoal funcionario interino no corpo ou escala ou como persoal laboral temporal na categoría profesional da Administración á que se desexa acceder.
En canto á toma de posesión será con carácter provisional, dado que o que se estabiliza son as prazas e a súa cobertura e non as persoas. Polo que, as prazas a ofertar ás persoas aspirantes que superen estes procesos con carácter definitivo serán as que resulten do concurso de traslados previo entre o persoal funcionario de carreira e laboral da escala ou da categoría correspondente.
VALORACIÓN DE UGT SERVIZOS PÚBLICOS
Considerando que a resolución do Ministerio é orientativa, presentaremos as alegacións que correspondan á proposta de criterios de determinación de prazas que refire remitará a Xunta de Galicia.
-
Consideramos que as listaxes deben:
-
Ter unha columna que identifique a data de inicio da relación temporal.
-
Incluír prazas con código de posto.
-
Incluír todas aquelas prazas que non teñen código de referencia, pero si cumpren os requisitos da Lei 20/2021.
-
Incluír as prazas de todos os Entes Instrumentais susceptibles do ámbito de aplicación da norma.
-
-
A revisión das listaxes polas organizacións sindicais si requiren prazo razoable de alegacións, e quixeramos coñecer cales son as escalas polas que comezaran os envíos de listaxes e a periodicidade coa que se prevé a súa remisión.
-
Debe aclararse o tema do galego e das probas físicas nos procesos de concurso das disposicións adicionais sexta, sétima e oitava da lei 20/2021.
-
As quendas de promoción interna no marco da OPE ordinaria debe ser o máis ampla posible e con procesos acordes cos que se desenvolverán para a estabilidade.
-
Os criterios dos baremos dos procesos que quedan para unha negociación posterior, o das convocatorias, non impiden, e demandamos, se recolla nos criterios de determinación de prazas a OPE, que os mesmos terán bases comúns e se simplificaran os procesos selectivos.
-
A mobilidade (concursos de traslados) con tomas de posesión coordinadas debe garantirse.
ROGOS e PREGUNTAS
-
Director informa da remisión, no día de hoxe, do buzón de postos para a elección de destino definitivo de 100 prazas de promoción interna e 136 prazas de acceso libre dos corpos xerais da Administración. Retíranse as prazas de indefinidos non fixos e inclúense tódalas prazas que quedaron vacantes no concurso, con incorporación das prazas de A2 que con posterioridade ao concurso quedaron vacantes en Santiago, de nivel 18. Unha vez feitas as alegacións, despois virán as tomas de posesión e a súa publicación no DOG, polo que as tomas de posesión do concurso de traslados non serán antes do mes de maio de 2022.
-
En breve, enviarase información acerca da constitución dos grupos de traballo para a xestión dos fondos de Resiliencia.
-
Nas vindeiras semanas sairán as listaxes provisionais dos procesos convocados que están pendentes de saír.
Preme aqui para descargar o documento de criterios dos procesos de estabilización.
Podes remitir as túas achegas ata o día 19 de abril, ao enderezo: