O pasado día 31 de marzo tivo lugar o CSSL do SPIF, coas seguintes cuestións:
Aprobación da acta do comité anterior
UGT presenta alegacións ao punto 7, na que se solicita á administración as listaxes de persoas traballadoras que se tallaron en servicios centrais e que non aparecían na listaxe. A administración non presenta ningún tipo de listaxe.
No punto 9 no caso das futuras pickup con bomba de extinción UGT solicita que se proceda nos pregos de contratación, a valorar un sistema de saída de gases diferente, tema de oxidación dos depósitos de auga e máis versatilidade para as labores preventivas en baixo risco podendo retirar o equipo de extinción para ter máis operatividade e espazo na parte traseira.
O presidente responde que non o ven posible nin operativo, desde UGT infórmase que en moitas Comunidades teñen ese sistema e funcionan moi ben.
Aprobase a acta por unanimidade coas dúas aportacións de UGT.
Plan de simulacros
UGT valora moi positivamente este plan co que se poden evitar accidentes na extinción e mellora a formación das persoas traballadoras, e solicítase que sexa para todas as persoas que forman parte do operativo e cando estean rematados se informe dos resultados as/os delegadas/os de prevención.
Plan de formación do persoal da Dirección Xeral de Defensa do Monte 2022.
Criterio de selección para o curso de formador/a de formadores/as.
UGT notificou de forma reiterada o ocultismo na selección das persoas que tiveron acceso ao curso de formador de formadores, ante as reiteradas queixas por parte de moitos compañeiros que o solicitaron, independentemente da nova instrución para a selección.
UGT solicita a listaxe de solicitantes, a valoración e puntuación das persoas que teñen accedido ao anterior, así como que sexan públicas as solicitudes e puntuacións dos posteriores cursos que realice Consellería. Todo elo co obxectivo de dotar de transparencia ao procedemento de acceso e que non se xeren dúbidas entre o persoal por esta cuestión. Entendemos que é un absurdo que non lle interesa xerar á Consellería e que se non hai nada que ocultar aporta certeza e seguridade a todas as persoas interesadas na súa realización.
O presidente dinos que «analizarase» a nosa petición.
UGT valora positivamente o plan de formación presentado, votando de falta o curso de GIF e solicitamos que se abra a formación a xefes de brigada tamén os de:
- Maquinaria pesada en extinción de IF.
- Actualización de procedemento en materia de IF de DTE.
- Charlas de avións de carga en terra na loita CIF.
O presidente infórmanos que entende perfectamente que estes cursos se amplíen a xefes de brigada pola súa condición na extinción de DTE cando queden o cargo dun incendio ante a ausencia do correspondente AAMM.
Bolsas individuais transporte EPI
UGT solicita que se dote ao persoal bombeiro forestal con bolsas ou mochilas para o transporte do EPI como sucedeu fai anos coa gardaría, evitando así o deterioro do material de extinción ou prevención cos golpes que poida levar nos vehículos xa que non se ten espazo suficiente.
O presidente informa que lle parece moi boa idea e que xa están traballando en varias opcións e modelos.
Utilización de intercomunicadores por brigadas de Segunda actividade de remate de incendios-Pontevedra.
Este punto queda suprimido xa que non poden realizar extinción os traballadores de segunda actividade.
Implantación dos grupos de intervención no sistema de comunicacións.
UGT solicita que esta implantación se amplíe tamén ás brigadas para mellorar as comunicacións. O presidente, a este respecto informa que primeiro vai a ir para persoal de axentes e técnicos e a posteriori se fará coas brigadas.
Circular 1/2022. Cascos preventivos defectuosos.
UGT rexeita esta circular xa que incumpre o RD 773/97, primeiro por que os EPIs son para a súa utilización nas labores encomendadas, tal como tamén explicou perfectamente o xefe de prevención de riscos que o EPI é para un «RISCO CONCRETO» non para a súa utilización normalizada.
Somos un servizo de emerxencias e levamos anos solicitando unha UNIFORMIDADE PARA OS BBFF, evitando así a utilización errónea dos EPIs e tamén en parte pola falta de espazo nos vehículos.
No relativo aos cascos UGT expuxo a mala calidade dos cascos de prevención entregados e que perden a funcionalidade nos protectores auditivos e na suxeición na cabeza.
O presidente informa que si se deterioran que o notifiquemos e se substitúan por outros
Acordase para posteriores pregos levar a adquisición dos cascos preventivos a grupo de traballo ou comisión.
Rogos e preguntas.
UGT informa que seguen casetas de vixilancia sen portofonos para realizar o seu traballo con mellores facilidades.
O presidente informa que se deu a orde de dotar as casetas con un portofono.
Descarga o UGT Informa-T