Publícase hoxe en DOG a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a relación de persoas admitidas e excluídas con carácter provisional que solicitaron a inclusión nas listas únicas para a cobertura, con carácter transitorio, de prazas reservadas a persoal funcionario en determinados corpos, escalas ou especialidades ao abeiro do establecido no artigo 5.2 da Orde do 20 de xullo de 2020, e a nova valoración provisional dos méritos de todas as persoas admitidas nas devanditas listas.
Podes consultar as listas:
- No portal web corporativo da Xunta de Galicia:
https://www.xunta.gal/funcion-publica/contratacion-temporal/xeracion-de-solicitudes
- Nas oficinas de rexistro e atención á cidadanía da Xunta de Galicia (edificios administrativos da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.
Información que figura nas listas:
- As persoas solicitantes admitidas nas listas únicas, ao abeiro da Resolución do 11 de outubro de 2021, procedentes de listas de contratación temporal de categorías profesionais laborais equivalentes.
- A nova valoración dos méritos de todas as persoas admitidas nas listas únicas, incluídas as admitidas con carácter definitivo por solicitudes anteriores á dita data nos termos establecidos no artigo 2 da Orde do 20 de xullo de 2021, con indicación da puntuación provisional resultante da aplicación do baremo, conforme o establecido no artigo 6 e na disposición transitoria primeira da Orde do 20 de xullo de 2021, en relación co seu artigo 2.
- As persoas excluídas ao abeiro da Resolución do 11 de outubro de 2021, coa causa de exclusión.
Reclamacións:
- Prazo: 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta Resolución en DOG.
- Presentarase ante:
- Comisión Permanente (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda e Administración Pública, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela)
- Documentación que tes que achegar, de ser o caso:
- Documentación necesaria para emendar a causa de exclusión.
- Certificación de servizos prestados (Anexo II da Resolución).
Descarga o UGT Informa-T