Seguimos revisando as prazas ofertadas pola Consellería segundo a Lei 20/2021.
A Mesa Sectorial convocada para este xoves quedou posposta para despois de Semana Santa polo que seguiremos recollendo as vosas alegacións.
Enviádenos as vosas achegas co obxectivo de que non quede ningunha plaza en FRAUDE DE LEI, segundo a Lei 20/2021, e que sexan ofertandas na súa totalidade tanto no Concurso Excepcional, coma no Concurso – Oposición desta OPE especial.
O formulario de achegas e toda a información proporcionada pola Xunta atoparédelos aquí.