ÁREAS

UGT Servizos Públicos firma o Plan de Igualdade de DomusVi


Asinamos o PLAN DE IGUALDADE de DOMUSVI, negociado por UGT Servizos Públicos e a Federación de Sanidade de CCOO, así como o Protocolo de Prevención e Detección do Acoso Sexual.

Os obxectivos xerais deste Plan, pódense resumir en nove apartados: Organizativos, Selección e Contratación; Promoción Interna; Política Salarial; Formación e Sensibilización; Corresponsabilidade e Conciliación; Saúde Laboral; Comunicación e Sensibilización e Violencia de Xénero.

Dentro da área de selección e contratación destacariamos as seguintes medidas:

  • No proceso de selección aplicarase unha acción positiva segundo a cal, en igualdade de idoneidade para o posto, terá preferencia o sexo infrarrepresentado nese posto ou categoría, sempre tendo en conta que dita infrarrepresentación está en función da proporción global de homes e mulleres na empresa.
  • Incorporar nos contratos con empresas externas unha cláusula “social” pola que se esixe o compromiso da empresa externa no cumprimento do principio de igualdade de trato por razón de sexo no emprego.
  • Valorar nos currículos a formación en igualdade, tanto para a selección como para a promoción.
  • Compromiso da empresa de poñer os medios necesarios para promover a conversión das xornadas parciais en completas, en polo menos un 6% ao longo dos catro anos de duración do plan de igualdade.

 

Respecto á área de promoción interna:

  • Garantir que, en igualdade de condicións de idoneidade, e respecto a vacantes en postos de dirección nas que exista unha infrarrepresentación feminina, terán preferencia as mulleres para ser promocionadas.

 

En relación á área de violencia de xénero, queremos subliñar os seguintes puntos:

  • Nos casos de mobilidade xeográfica por violencia de xénero a outro servizo do grupo, procederase ao abono dunha axuda directa de ata mil euros para cubrir os gastos en concepto de mudanza ou alugueiro do primeiro mes.
  • Establecer un permiso retribuído de 5 días, no caso de traslado a outro centro de traballo da empresa, motivado pola condición de vítima da traballadora.
  • Garantir dez sesións (por un importe de 60 euros por sesión) de asistencia psicolóxica ás traballadoras vítimas da violencia de xénero, así como ás súas fillas e fillos menores de idade.
  • Realizar unha revisión e proposta de mellora das condicións de contrato da traballadora vítima de violencia de xénero, baixo petición da interesada.

 

Destacamos a importancia do Protocolo de Prevención, Detección e Actuación ante situacións de Acoso sexual, Acoso por razón de sexo e Acoso por razón de orientación sexual e identidade de xénero e ciberacoso.

Desde UGT Servizos Públicos expuxemos propostas positivas comprometendo á empresa DomusVi a negociar medidas en todas as áreas nas que se detectaron desigualdades e introducindo outras para garantir transparencia nos procedementos de contratación, promoción e selección.

 

UGT en todos os Plans de Igualdade traballa para comprometer ás empresas en adoptar medidas que superen as xa legalmente establecidas nos temas relacionados con Violencia de Xénero.

 

O máis lido

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.