Dende UGT-SP Ensino defendemos na Mesa Sectorial de hoxe os seguintes puntos:
O que queremos subliñar en primeiro lugar é que UGT, xunto con CCOO e CSIF, asinou un acordo na defensa dun sistema transitorio mediante concurso-oposición. A Lei 20/2021 incorporou, a maiores, un concurso de méritos que non foi acordado a nivel sindical, e pensamos que pode conlevar inseguridade xurídica, polo que seguramente dará lugar a recursos.
En segundo lugar queremos insistir no feito de que se trata dunha situación excepcional, recollida na Lei e polo tanto debe cumprirse.
Dito isto e entrando nos criterios, estas son as nosas propostas de modificación:
*Para o proceso establecido no artigo 2.1 da Lei 20/2021: prazas obxecto de concurso oposición:
A Lei 20/2021 no artigo 2.1 recolle claramente que se incluirán para este proceso «as prazas de natureza estrutural que, … estando dotadas orzamentariamente, estiveran ocupadas de forma temporal e ininterrompida polo menos nos tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2020). Polo que non entendemos porque se propón unha data distinta nos criterios autonómicos. (30-09-2021)
A CONSELLERÍA NON ACCEDE A CAMBIAR A DATA XA QUE A LEI 20/2021 NON PERMITE UN INCREMENTO ORZAMENTARIO.
*Para a disposición adicional sexta:
Pedimos que se nos detallen os requisitos que deben cumprir as prazas estruturais, e non só o listado das que non son estruturais.
SERÁN NON ESTRUCTURAIS AS SEGUINTES PRAZAS, PRAZAS QUE SE RESTARÁN Ó CÓMPUTO GLOBAL:
- AS QUE SEXAN PROPIEDADE DUN TITULAR: COMISIÓN DE SERVIZOS, SERVIZOS ESPECIAIS, SINDICAL A TEMPO COMPLETO…
- CARGO DIRECTIVO NOS CENTROS DE SECUNDARIA (TODOS MENOS INFANTIL E PRIMARIA) DO TIPO A DE MÁIS DE 1000 ALUMNOS.
- PRAZAS DE ESPECIALIDADES NON VIXENTES (ORIENTACIÓN EN PRIMARIA OU PRÁCTICAS E ACTIVIDADES EN FP.
- PRAZAS DESEMPEÑADAS POR ESPECIALISTAS.
- PRAZAS DE CMUS AFECTADOS POLA SENTENZA DO TSXG.
*Para a disposición adicional oitava:
En canto a esta disposición adicional, a Lei regula que as prazas a ofertar son as “prazas vacantes de natureza estrutural ocupadas de forma temporal por persoal cunha relación, desta natureza, anterior ao 1 de xaneiro de 2016”.
Desde UGT pedimos que o punto 6 das condicións desta disposición sexa que as prazas teñen que ser temporais desde o 1.1.2016. Entendemos que unha praza ocupada por un funcionario de carreira ou en prácticas non debería computar como persoal temporal.
EXPONSE NA MESA QUE A LEI TRADÚCESE CUNHA OFERTA DE PRAZAS ESCASA POR CONCURSO-OPOSICIÓN. DE AÍ QUE HAXA MOITAS MÁIS PRAZAS NO CONCURSO DE MÉRITOS PORQUE POLA DISPOSICIÓN ADICIONAL OITAVA, AS PRAZAS PODEN OFERTARSE AÍNDA QUE NON FOSEN ESTRUCTURAIS TODOS OS ANOS.
*No punto Cuarto a): Pedimos que as prazas para a provisión temporal con xornada reducida entren tamén na oferta. Pedimos aclaración sobre a “xornada reducida” para saber si se consideran reducidas as xonadas que completan horario con materias afíns.
COMUNÍCANNOS QUE AS PRAZAS CON AFÍNS SE CONSIDERAN PRAZAS ESTRUCTURAIS. EN CANTO AS DE TEMPORALIDADE PARCIAL INDICANNOS QUE, EN PRINCIPIO, NON SE INCLUIRÁN NA NOSA CCAA NIN EN NINGUNHA.
*Outras peticións:
– Solicitamos que se inclúan na oferta prazas de promoción interna.
– Demandamos os datos das prazas por separado do artigo 2, das dúas disposicións e as das prazas que se deban excluír da oferta por ter titular, ser de dirección, especialista….
A ADMINISTRACIÓN ENTREGOU UN LISTADO CO NÚMERO DE PRAZAS DE 644 POLA DISP.ADIC. 6A E 1108 POLA OITAVA, QUEDANDO ASÍ SÓ 152 PARA O CONCURSO-OPOSICIÓN.
A ESTAS PRAZAS RESTARÁNSELLE AQUELAS NON ESTRUTURAIS, CITADAS MÁIS ARRIBA. A ADMINISTRACIÓN FARANOS CHEGAR NO DÍA DE MAÑÁ A RELACIÓN DESTAS PRAZAS.
-No punto décimo: “non obrigatoriedade de presentarse ao concurso de méritos”.
A CONSELLERÍA APUNTA QUE NON É OBRIGATORIA A PARTICIPACIÓN PERO AVISA DE QUE OS QUE NON O FAGAN NON TERÁN DEREITO A UNHA FUTURA INDEMNIZACIÓN.
– Pedimos un CXT previo a este concurso incluíndo estas prazas para permitirlle aos funcionarios de carreira a posibilidade de optar a elas.
VARIOS:
Na mesa sectorial anterior levamos algúns dos puntos que hoxe repetimos xa que non obtivemos resposta:
-CXT resolución definitiva.
A SEMANA QUE VEN SAÍRA O CONCURSO XERAL DE TRASLADOS E O CONCURSO DE ORIENTACIÓN.
-Oposicións: lista de admitidos e excluídos.
Pedimos que as instrucións sexan iguais para todos en canto á lectura do tema.
Encanto á puntuación dos méritos dos aspirantes por parte do tribunal, pensamos que non é a metodoloxía adecuada a seguir. A Consellería debería ser quen facilite a baremación dos méritos. Ademais, para os aspirantes que repiten xa estaría a metade do traballo feito recuperando os datos de anos anteriores.
PARA O CONCURSO-OPOSICIÓN 2022 NON ENTRA O NOVO CURRICULUM DE INFANTIL XA QUE A CONVOCATORIA PUBLICOUSE CON ANTERIORIDADE AO CURRICULUM.
–CMUS: pedimos que se nos informe da situación deste colectivo en relación á sentenza do TSXG. Estamos a falar de 46 personas.
INFORMAN DE QUE ESTE TEMA ESTÁ EN PROCESO DE EXECUCIÓN QUE SE PREVÉ PARA O 1 DE SETEMBRO. UN TOTAL DE 46 PERSOAS DEIXARÍAN DE SER CATEDRÁTICOS. ACTUALMENTE ESTÁ NUN PROCESO IMPUGNABLE QUE SE HOUBESE UN RECURSO DE CASACIÓN , PODERÍA PARALIZARSE.
-Preguntamos pola Cobertura de baixas e borrado das vacantes por parte da Consellería.
O SUBDIRECTOR DE RECURSOS HUMANOS NOS ACLARA QUE VIMOS DUNHA SITUACIÓN EXCEPCIONAL QUE AGORA MUDOU. POLO TANTO CUBRIRANSE AS BAIXAS 2 VECES Á SEMANA, COMO SE VIÑA FACENDO ANTES DA PANDEMIA. AÍNDA QUE SE CONTEMPLA A POSIBILIDADE DE QUE O CENTRO SOLICITE UNHA COBERTURA EN CASOS PUNTUAIS.
-E relación ao tema das mascarillas, pensamos que precisan de instrucións máis específicas. Queremos saber se con esta nova medida vanse rompen os grupos burbulla?
-Pedimos igualmente instrucións claras para o proceso de avaliación e promoción.
-Preguntamos polas prazas de atención prefernte. A ADMINISTRACIÓN CONFÍRMANOS QUE SE CONVOCARÁN PRAZAS DE ATENCIÓN PREFERENTE PARA O VINDEIRO CURSO.