Bases da convocatoria de proceso selectivo (laboral temporal) de auxiliares de policía local


Hoxe publicase en DOG a Orde pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convoca proceso selectivo unitario para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de postos de auxiliares de policía locall

As bases regulan a convocatoria do proceso selectivo unitario para a provisión, mediante contrato laboral temporal, dos seguintes 129 postos de auxiliares de policía local.

Captura de pantalla 2022 03 17 114119

Captura de pantalla 2022 03 17 114145

 

SOLICITUDES E PRAZO:

  • As solicitudes presentaranse:
    • Preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal e que é o anexo I desta orde.
    • Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
  • Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
  • Prazo de presentación de solicitudes:
    • 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no DOG.

 

                                                                   Descarga o UGT INFORMA-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.