Sectores

Reunión Administración – Sindicatos sobre o novo regulamento de funcións de Axentes Forestais e Medioambientais


 

Despois de 25 anos de Regulamento da Escala de Axentes Forestais, 22 de creación da Escala de Axentes Medioambientais e 6 do primeiro compromiso asinado pola Xunta antes do Acordo de 2018, onde tamén se recollía a creación de grupo de traballo para a elaboración dun novo Regulamento, onte tivemos unha calamitosa reunión telemática, cunha abondosa presenza de persoal da administración (11), sobre a que UGT Servizos Públicos expón que:

  • Ante tanto incumprimento, hai que fixar datas para as seguintes reunións.
  • Que en contra do que opinan algúns, si hai unha base para negociar (a proposta consensuada por 3 sindicatos e Aprafoga, entregada á Xunta en 2017).

Que estamos ante un Regulamento que debe englobar a toda a Escala independentemente da estrutura orgánica da Xunta de Galicia e dos avatares políticos que lle poidan afectar.

Como primeiros avances, están en primeiro lugar fixar a data do 25 de abril como nova xuntanza e en segundo lugar a toma en consideración da proposta consensuada feita polas organizacións sindicais e Aprafoga.

 

 

                                                      UGT INFORMA-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.