Os responsables de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde informaron ás Organizacións Sindicais dun calendario coa previsión de datas de realización dos exercicios da fase da oposición da OPE en curso, con categorías que comprenden persoal de oficios, informática e persoal licenciado sanitario de hospitais, que se vai a desenvolver nos próximos meses de abril e maio. Para esta OPE están inscritos case 13.000 aspirantes.