A xuntanza anúnciase como a primeira das que se sucederan nas vindeiras semanas, en tanto que a oferta de emprego público ten que estar aprobada e publicada antes do 01/06/2022, a negociación das convocatorias quedará para máis adiante. Nesta primeira reunión, a DXFP explicou a súa interpretación da Lei 20/21 para a redución da temporalidade no emprego público, xa que a negociación producirase sobre o texto proposta que remitiran ao efecto. A información que expón Función pública é a seguinte:
A Lei establece o obxectivo de situar a taxa de temporalidade estrutural das administracións públicas por debaixo do 8%, actuando a reforma sobre tres cuestións:
-
Adopción de medidas inmediatas para reducir a elevada temporalidade existente
-
Articulación de medidas eficaces para previr e sancionar o abuso e a fraude na temporalidade a futuro
-
Potenciación da adopción de ferramentas e unha cultura da planificación para unha mellor xestión dos recursos humanos.
O proceso de estabilización sobre o emprego temporal, que se estrutura en dúas vías de acceso:
-
Adicionalmente aos procesos derivados das Leis de Presupostos do Estado dos anos 17 e 18, establece un terceiro proceso de estabilización que incluirá todas aquelas prazas de natureza estrutural, estean ou non nos instrumentos de ordenación do persoal e dotadas presupostaríamete que estivesen ocupadas temporal ou interinamente de forma ininterrompida polo menos nos 3 anos anteriores a 31/12/2020, e dicir que sexan prazas ocupadas ao 31/12/2017 e que ata actualidade continúen ocupadas. Estas prazas sairán ofertadas polo sistema de concurso oposición.
-
Sinálase na DA 6ª que de xeito excepcional e de acordo cos artigos 31.6 e 7 do EBEP, se poderán convocar polo sistema de concurso de méritos aquelas prazas que reunindo os requisitos establecidos no artigo 2.1, estivesen ocupadas con carácter temporal de forma ininterrompida con anterioridade a 01/01/16.
-
Tamén adicionalmente á DA 6ª segundo a DA 8ª, incluiranse na convocatoria polo sistema de concurso de méritos, aquelas prazas vacantes de natureza estrutural ocupadas de forma temporal por persoal cunha relación desta natureza anterior ao 01/01/2016. Aquí a diferenza é que non é a praza a que ten que estar ocupada ininterrompidamente desde antes do 01/01/2016, senón que é unha praza vacante que está ocupada por unha persoa que ten unha relación ininterrompida desde antes do 01/01/2016.
En canto as prazas que foron ofertadas nos procesos derivados da Lei de 2017 e 2018 e que xa foron convocadas non serán tidas en conta para o computo de prazas destes procesos, pola contra si se incluirán aquelas prazas ofertadas e non convocadas e tamén aquelas cuxos procesos tivesen quedado desertos.
CRITERIOS DA COMISIÓN ESTATAL DE FUNCIÓN PÚBLICA
Indica FP que a proposta de criterios que se presentou na Comisión de Emprego Público Estatal, está en fase de alegacións polas CCAA, polo tanto seguramente terán cambios na negociación coas CCAA e coas OOSS, e en todo caso serán de carácter orientativo. No relativo os criterios de baremación dos concursos de méritos, que recolle dita proposta, establécese unha baremación pode ter resultados bastante diferentes aos que pretende a propia Lei.
Finalidade dos procesos:
-
Da resolución destes procesos non pode derivarse incremento de gasto nin de efectivos, polo tanto son prazas de natureza estrutural que se atopen desempeñadas por persoal con vinculación temporal. O anterior quere dicir respecto ao tempo da data de referencia que o 31/12/2020 dará lugar a unha cifra fixa e invariable que se vai a aplicar ao longo de todo o proceso, sempre tendo en conta que debe existir unha dotación orzamentaria para a súa convocatoria e sempre que a praza continuase estando ocupada a 30/12/2021.
-
O que se estabilizan son as prazas e non as persoas, é dicir si unha praza foi ocupada por un ou máis interinos nos últimos anos de forma consecutiva e con algunha interrupción, nos termos antes indicados, iso non é ningún obstáculo para que se compute entre as prazas a convocar e a inversa si dúas persoas interinas estiveron alternándose para cubrir unha mesma praza por rotación, debe computarse como unha única praza, salvo o suposto da disposición adicional oitava, que si recolle que en caso de aqueles interinos que estando nunha praza vacante que non cumpra os requisitos de levar ocupado ininterrompidamente antes do 01/01/2016, pero esa persoa si leve ininterrompidamente antes do 01/01/2016 esa praza vacante incluirase tamén.
-
Que unha praza se compute a este fin, non significa que dita concreta praza vaia a ser provista como praza de novo ingreso para quen supere o proceso de estabilización, xa que pode haber casos nos que esas prazas se cubran nun procedemento de mobilidade interna paralela á estabilización, dada a compatibilidade dos dous sistemas previstos na propia lei.
-
Respecto ao cómputo de prazas son todas aquelas que cumpran todos os requisitos e que a maiores non teñan sido convocadas ou tendo sido convocadas e resoltas quedasen sen cubrir.
Concepto de ocupación ininterrompida:
-
Considera FP que hai que interpretalo de conformidade co que pretende a norma, non na súa interpretación literal, porque pode dar lugar a consecuencias indesexables e non todas as prazas sairían. Os criterios deberán establecer que non supón interrupción, para estes efectos, os períodos menores de tempo nos que a praza estivese vacante como consecuencia da necesidade de levar a cabo os trámites administrativos correspondentes para o nomeamento dun novo funcionario ou laboral tras o cesamento do anterior. Polo tanto poderá considerarse ocupación ininterrompida aínda que exista cambio na persoa que ocupa a praza, sempre que nun prazo curto de tempo nos encontremos que se cubre a praza por persoal temporal, si a praza se cubrise por persoal fixo por algunha circunstancia entón si que habería interrupción.
Persoal indefinido non fixo:
Establece que se incluirán as prazas de sentencia xudicial a 31/12/2020, que cumpran coa condición de ocupación ininterrompida de natureza estrutural, incluíndo as ocupadas por sentenzas xudiciais que podan recaer no ano 2021. Indica que o anterior obedece ao espírito da lei de rematar coa temporalidade e que as prazas de indefinicións non computan para taxa de reposición.
Tipoloxía de prazas a incluír nas Ofertas de emprego:
-
Todas aquelas prazas que incluídas nas opes, derivadas da aplicación das leis de orzamentos 2017 e 2018 foron ofertadas mediante o Anexo II (estabilización) e Anexo III (consolidación) non foron convocadas e resoltas a maiores de todas aquelas prazas que cumpran os requisitos. Serían as prazas entre o ano 2016 e o ano 2020 por concurso oposición.
-
As prazas a tempo parcial e as do persoal fixo-descontinuo.
-
Todas as prazas que non figuren en RPT.
-
Todas as prazas dos Entes Instrumentais:
-
O ámbito de aplicación da norma abarca toda a Administración e Sector Público, polo tanto na ope deberá incluír aquelas prazas que están dentro do ámbito de FP que irán dentro da ope correspondente tamén as dos entes, haberá unha serie de organismos que terán que facer unha oferta específica porque levarán o proceso independente e serán obxecto da negociación correspondente, o obxectivo é que afloren todos os postos.
-
A maiores na oferta haberá prazas de taxa de reposición ordinaria que para 2021 será de aproximadamente 700 prazas.
Marco temporal de aplicación da Lei 20/2021:
Son impostos pola Comisión Europea como compromiso de España de redución da temporalidade no emprego público e ligados á obtención de fondos europeos, e a norma establece os seguintes:
-
Aprobación e publicación das ofertas de emprego antes do 01/06/2022
-
Convocatoria dos procesos antes 31/12/22
-
Resolución dos procesos deberá finalizar antes do 31/12/2024.
Prohibición de procesos restrinxidos:
Todos os procesos deben respectar os principios de igualdade, mérito e capacidade e a publicidade. En ningún caso se poderá aprobar un proceso que restrinxa a participación unicamente a aqueles que estivesen ocupando previamente esas prazas, nin calquera outro requisito que supoña unha diminución da posibilidade de que outras persoas podan acceder aos procedementos que se convoquen. O dereito que habilita a norma é a presentarse a un procedemento no que saen as prazas de forma libre.
Esixencia de titulación académica:
Na convocatoria é de aplicación a esixencia de posesión da titulación requirida para o acceso aos grupos e categorías de pertenza. Desempeñar previamente a praza convocada non exime do cumprimento deste requisito, é dicir que aquelas persoas que participen nos procesos e non teñan a titulación, con independencia de que existan estas situacións, non poderán superar o proceso.
Sistemas selectivos:
-
Procesos do artigo 2: Concurso-oposición:
-
Valoración na fase de concurso de 40% da puntuación total
-
Terase en conta maioritariamente a experiencia no corpo, escala ou categoría equivalente de que se trate.
-
A fase de oposición 60% da puntuación total
-
Poderán superaran a fase de oposición máis persoas que prazas a convocar.
-
A intención desta administración é e o simplificar o máis posible a baremación, e polo tanto dar a prioridade maior á experiencia profesional na escala que se convoque. Haberá outros méritos a valorar, pero consideran que o maior peso na ponderación total debe ser a experiencia profesional.
-
Consideraranse servizos efectivos todos os prestados nas situacións de servizos especiais, excedencia familiares, violencia de xénero e terrorista,
-
Nos supostos en que se as prazas de indefinidos estivesen convertidas en prazas de persoal funcionario computarase o tempo de servizos prestados na condición de laboral como de funcionario.
-
Analizarán ao respecto da experiencia profesional si é posible, respectado a normativa, si pode haber diferenciación, entre distintas administracións públicas, posibilitando que unha pequena diferenciación poda outorgar un “plus” respecto a persoas que se presenten desde outra administración, sempre garantindo a seguridade xurídica.
-
Procesos das disposicións adicionais: Concurso de méritos
-
Apunta FP ao respecto do reparto do borrador de criterios do Estado establece un 60% como máximo de valoración de méritos profesionais e un 40% par méritos académicos. Ao seu entender esa baremación non é o sistema máis beneficioso para o persoal desta administración, que leva moito tempo ocupando estas prazas, poda acceder a elas. Aclara que nos concursos de méritos están prohibidas as convocatorias restrinxidas, podendo presentarse calquera persoa interesada, desta administración ou de calquera outra, galega ou non galega, evidentemente a unha menor valoración da experiencia e maior de méritos académicos parece que pode complicar o resultado… queda para a negociación.
-
Os procesos selectivos non levarán aparellada quenda de PI e si haberá quenda de discapacidade.
-
Podrá realizarse un concurso de traslados previo a elección de destino con carácter definitivo de aqueles que superen os procesos selectivos.
ÁMBITO DE NEGOCIACIÓN
O Director refire que a negociación deberá realizarase na Mesa Xeral, órgano legal da representación do persoal, no que están representadas catro OOSS, advertindo que non van a negociar coas Xuntas de Persoal, nin cos Comités de Empresa, Comité Intercentros, nin tampouco coas diversas asociacións e plataformas. Haberá un período de alegacións ao que calquera poderá presentar alegacións, pero a negociación farase con quen se ten que facer, tamén a efectos aclaratorios, comenta que hai os prazos que hai para aprobar e publicar e moito traballo que facer e a negociación debe estar centrada cos interlocutores válidos e legais que consideran son os que son. Empraza as organizacións sindicais que discrepen deste ámbito de negociación a que o manifesten.
CONSIDERACIÓNS DE UGT:
-
Precisamos concreción en canto a determinación de prazas a oferta segundo os criterios do art 2 ou da DA 6ª ou 8ª.
-
A maiores dos criterios consideramos que debería de haber unhas bases xerais para todos os procesos.
-
Sobre o documento de criterios ministerial, temos entendido que non hai consenso coas distintas administracións públicas, nin coas OOSS. Anunciamos tamén a nosa discrepancia coa proposta borrador en materia de baremos, entre outras cuestións.
-
Solicitamos un documento proposta no ámbito desta Mesa.
-
A administración debe aclarar si a Lei 20/2021 é de aplicación ao persoal da disposición da DT 10ª do VCCU, parece obvio que si, pero debe ratificarse e de figurar de forma expresa, para dar solución final ao persoal afectado, e FP non o mencionou.
-
Refiren que non contemplan procesos de PI, pero se entende que é plenamente compatible coa mobilidade (concursos de traslados) con coordinación da toma de posesión, nas dúas vías de acceso, sobre prazas da DA 6ª e 8ª a concurso de méritos, e do proceso de estabilidade do artigo 2 de concurso oposición. Polo tanto unha primeira convocatoria e outra posterior.
-
Sería conveniente que houbese criterios a nivel do Estado e seguridade xurídica a hora de establecer os baremos, sobre todo para a vía de acceso por concurso de méritos, para non chegar á perversión de establecer complicacións difíciles de encaixar en procesos destas características, e que se poidan cumprir os obxectivos da lei, polo tanto que sexan un instrumento eficaz
-
A temporalización dos procesos que expón FP é a que establece a Lei 20/21 para anunciar a oferta, convocar e data tope de resolución. Pero a execución concreta e Galicia debera ter un marco temporal de compromiso moito máis concreto, a resolución da convocatoria e acceso por concurso de méritos e os traslados previos sobre ditas prazas, debe ser áxil e podería estar realizo no primeiro semestre de 2023, falar de 2024 será a data tope para a vía de acceso por concurso-oposición e traslados. UGT defende que a mobilidade afecte ao conxunto dos procesos que sexa unha mobilidade xeral, aínda que temporalmente se teña que executar en diferentes fases.
-
Esperamos o borrador de criterios anunciado, sobre determinación de prazas e bases comúns, onde se terán que incluír tamén interpretacións sobre o carácter de ininterrompido de ocupación de prazas, que por certo na DA 8ª non figura, e interpretacións sobre criterios de desempate, porque xa estamos escoitando algunha interpretación de algunha organización sindical, na que o desempate que se propón xa suporía un carácter restrinxido en si mesmo. Así como o tratamento do galego no acceso por concurso de méritos.
-
Polo que respecta a oferta ordinaria, formará parte da oferta global e terá quenda de promoción interna e mobilidade.