Santiago de Compostela 11/03/2022
1.- O Acordo de carreira profesional supuxo INCREMENTOS SALARIAIS do 5% por riba do incremento xeral para o persoal funcionario e garantía o cobro anticipado ao persoal laboral que participase VOLUNTARIAMENTE no proceso de funcionarización. O proceso da funcionarización íase realizar SI ou SI e esperar a cobrar a carreira o persoal laboral cando rematasen os procesos de funcionarización suporía que aproximadamente 3.000 laborais non cobrarían os importantes incrementos salariais adicionais aos incrementos básicos que se percibiron nos anos 2019, 2020 e 2021.
2.- A extensión do pago da carreira, votada favorablemente por UGT e CCOO o 23 de xullo de 2019, foi unha oportunidade perdida dos sindicatos non asinantes do Acordo, que apostaron por seguir na procura dos seus “éxitos” xudiciais, e a Xunta toda vez que persistían os posicionamentos en contra, decidiu ampararse na espera das resolucións xudiciais e non poñer nin un euro máis. UNHA OPORTUNIDADE PERDIDA, pese ao que agora din desde algunha central sindical, saben que erraron e dóelles recoñecelo, pero a realidade é teimuda, estamos como estamos grazas aos que sempre din non, para non avanzar en dereitos.
3.- A primeira resolución xudicial que anulou a sección de carreira responde a un erro sindical sen precedentes da central maioritaria, que solicita a anulación dun dereito e nesas estamos, xa non hai discriminación, xa non hai dereito que estender. Enredaron uns meses coa presentación dun incidente de aclaración inútil tamén. Na seguinte sentenza, da que presumen agora, resulta que o que lles din é cal foi a sentenza que xa ANULOU O DEREITO. Temos algún antecedente deste mesmo sindicato, por exemplo a primeira carreira de Galicia (SERGAS), que eles recomendaban non solicitala e logo foron outros os sindicatos tiveron que buscar solucións, revisando os prazos para recoller ás persoas que non o solicitaran, ao inicio, facéndolles caso a eses do NON. Agora recomendan que se vaia aos seus servizos xurídicos para solicitar individualmente a carreira o persoal laboral (pasar por caixa), cando saben que o dereito colectivo a carreira está anulado. E tamén cabe preguntarlles cantos dereitos colectivos conseguiron vía xudicial?.
4.- A modificación do EBEP suprimiu a denominación de “carreira”, deixando a xenérica de “funcionario” a secas, isto non é o resultado de ningunha sentenza en Galicia, é o resultado dunha negociación a nivel estatal que se plasma no RD 14/2021, na que a Comisión de Emprego Público, onde están presentes o Ministerio, CCAA e FEMP, pretendían acoutar os dereitos do persoal funcionario interino, e quedou redactado neses termos obrigando a aquelas CCAA que contan con leis de función pública, a trasladar ás súas normativas esta norma estatal básica.
5.- A xestión do seu NON baseouse na manipulación informativa amedrentando ao persoal laboral coa funcionarización. Díxose que o persoal que se presentase e non superase o proceso tería que DEVOLVER OS CARTOS, inciden no carácter coactivo sobre o persoal, pero curiosamente os que conforman o sindicato nacionalista e cefiseiros son solicitantes voluntarios e participan en procesos que lles din aos demais que son coercitivos. Falsidade tras falsidade para negarlle un dereito ao persoal que por suposto eles se apresuraron a solicitar.
6.- Xa se ten demostrado que todo era unha manipulación e intento de engano masivo pero agora volven a enredar coas demandas de cobro de carreira sen funcionarizarse, ou coa invitación as persoas coa funcionarización superada para que non tomen posesión. Que fagan esta recomendación por escrito e asuman a responsabilidade das consecuencias de non tomar posesión. A pregunta que temos que facernos é: SON ELES CAPACES DE ABRIR ALGÚN OUTRO PROCESO DE FUNCIONARIZACIÓN COAS CARACTERÍSTICAS DESTE (temarios reducidos e preguntas publicadas previamente)?, e co resultado de preto de 3.000 persoas con superación dos procesos. Son eles quen de que as persoas que sigan as súas veladas recomendacións teñan posibilidades reais de estender dereitos nun réxime laboral a extinguir?. Consideran que a mobilidade e a seguridade no emprego, non e maior nun réxime xurídico funcionarial que no laboral?
7.- Veremos outra vez como sucedeu ao longo deste tempo con todos os medos que a realidade foi desmontando, si a xente fai caso deste novo reclamo ou fai o que fan a totalidade dos sindicalistas?. Si todos as persoas laborais con responsabilidade sindical, asinantes ou non do Acordo de concertación, solicitaron a funcionarización voluntaria para ACOLLERSE AOS BENEFICIOS DA MESMA, ENTÓN DE QUE ESTAMOS A FALAR?. Entón, cabe preguntarse por que o persoal funcionario se lles amendentrou pola perda dos seus dereitos derivada da funcionarización do persoal laboral.
8.- En definitiva nas relacións laborais, cando se trata de dereitos colectivos, xogar todas as cartas ou xogar mal as cartas en interese dun posicionamento sindical equivocado (entendendo equivocado porque non é útil para resolver o problema, nin para avanzar en dereitos) é lexítimo, pero non é de recibo que os fracasos destes miopes posicionamentos sindicais se enmascaren con ruído e dicíndolle ao persoal que faga o que eles non fan.
9.- Os tres sindicatos de clase representativos, incluído o sindicato nacionalista, nos afecta a pretendida deslexitimación das organizacións representativas por parte de plataformas e a mercantilización do dereito á fixeza directa. Nestas plataformas dicíase que non había sindicatos, participou en Galicia a CSIF, e logo viuse claramente que estaban múltiples organizacións non representativas (CGT, CUT,CNT, COBAS…). Por outra banda, recordar as tarifas dos bufetes para a presentación das reclamacións é vergoñento, devolveron os cartos ??????. Agora os promotores dubidan si teñen un logro ou un perigo.
10.- Tanto en materia de ESTABILIDADE, CARREIRA OU RECUPERACIÓN DE DEREITOS, moitos terán que decidir si poden traballar na procura dunha solución ou lles resulta máis rendible que non teña solución nin a carreira nin a estabilidade, e confórmanse con seguimento do Acordo de teletraballo ou facer libelos cefiseiros.
11.- UGT non asina a calquera prezo, máis ben ao contrario. É evidente que todo o persoal empregado público sabe que AVANZAR en dereitos COLECTIVOS é o resultado de acordos non de desacordos. Senón se asinara nada non habería acordos e non se avanzaría. UGT Servizos Públicos considera necesario e urxente restituír a regulación do dereito á carreira para reanudar xa percepción do complemento salarial.