Sectores

Resumo da reunión de Mesa Sectorial do 9/3/2022


Na Mesa Sectorial de Educación de hoxe tratouse sobre o Anteproxecto de Decreto polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Anteproxecto de Decreto polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia

Dende o Sector de Ensino de  UGT Servizos Públicos pensamos que este anteproxecto é unha mera transposición reduccionista do Real Decreto 95/2022. A redacción que se nos presenta apunta, unha vez máis, cara unha inncecesaria sobrecarga burocrática para o docente mentres que se perde a oportunidade de poñer en valor a realidade lingüística e sociocultural de Galicia.

Na Mesa Sectorial solicitamos específicamente cambios nos seguintes artigos:

Artigo 11.4  “As actividades escolares no segundo ciclo da etapa desenvolveranse, cando menos, ao longo de vinte e cinco horas semanais.” 

Debe retirarse a referencia a “cando menos” que só pode ter a función de posibilitar a futura ampliación da xornada a cativos de menos de 6 anos. Debemos priorizar o seu benestar por enriba doutras consideracións que non veñen precisamente do eido pedagóxico. A expresión debe correxirse por “un máximo de 25 horas” dando así cabida ó necesario periodo de adaptación. Doutra maneira, cal é a intención da administración?

Artigo 14. “elaboración das correspondentes programacións didácticas para cada unha das áreas“

Á luz deste artigo, a contradición dalguén que puidera inchar peito afirmando que traballa  por proxectos pero avalia mediante exames non resultaría tan evidente para a Consellería. Non se entende, que a propia Administración nos pida programacións didácticas separadas por áreas, para, a continuación, no artigo 15 exixirnos traballar por “propostas globalizadas de ensino”. En que quedamos?

Por outra banda, no artigo 15.5 establécese que se fomentará a exposición á primeira lingua estranxeira “especialmente no último ano”. Pedimos que se nos aclare de que xeito se fomentará máis. Temos que ter en conta que a carga horaria actual é a mesma nos tres cursos e ademais existen moitas aulas mixtas. O artigo sen máis especificacións parece un brindis ó sol.

Con respecto ó artigo 18, gustaríanos facer énfase en que a carga de funcións que ten unha persoa titora deberíase compartir contando cun docente de apoio, cando menos, no primeiro trimestre de cuarto de infantil. 

No artigo 18.3 faise referencia explícita a que esta etapa se entende como un “proceso compartido coas familias”. Aproveitamos aquí para facer énfase no valor engadido que teñen as unitarias e CRAs para posibilitar unha interacción do neno no seu entorno. 

En especial os artigos 19.2 e 20.6 supoñen, sobre o papel grandísimas medidas que compartimos e que afondan na calidade do sistema. Lamentablemente, o paso do papel á práctica exixe baixada de ratios e menos carga lectiva. O papel todo o soporta, o docente, que é o bastión sostén da pública, está ó tope da súa resistencia. 

O mesmo ocorre co artigo 29.2.  A potenciación do uso das tecnoloxías debe necesariamente acompañarse dunha mantemento continuo e ampliación de recursos na aula de infantil cando menos ordenadores e pizarra dixital, tablets… Non podemos permitir que siga habendo barreiras arquitectónicas e ter que “subir á aula de informática….”

 

No apartado de rogos e preguntas démoslle voz a queixas que reiteradamente nos fixestes chegar os docentes:

-En primeiro lugar pedimos unha solución sobre a problemática de Cátedras por especialidade. Danse situacións nas que a adxudicación de praza nunha segunda especialidade no CXT implica perder a condición de catedrático. Consideramos que é un agravio comparativo cos antigos catedráticos na que a condición era persoal e non dependía da especialidade que ocuparan nun momento. Tamén voltamos preguntar pola situación das cátedras de conservatorio.

-Queremos facer énfase tamén no contínuo borrado de vacantes de menos de quince días que repercute negativamente na calidade da educación que recibe o noso alumnado. O compromiso da administración de cubrir todas as baixas en tempo de COVID non se está a cumplir.

-Con referencia ó calendario escolar, precisamos ter canto antes información de como será o próximo inicio de curso. É importante para xestionar a carga burocrática. A desinformación pode supor un caos engadido.

-No que atinxe ó CXT queremos que se constate se o inquedante número de “resultas” non adxudicadas se debe a erro ou á intención de amortizar prazas. Tamén preguntamos pola data de resolución definitiva.

-Sobre as oposicións en marcha, queremos saber cal é a previsión sobre o desenvolvemento administrativo. Cando podemos esperar a resolución provisional de admitidos? Cando as de tribunais…?

-En relación ó concurso de méritos de estabilización que a Consellería ten que resolver para  decembro seguimos sen ter novas. Estamos á espera de negociar criterios claros e consensuados para establecer esas prazas como se nos prometeran para o mes de febreiro. Temos información de que existen organizacións sindicais ofrecendo datos á este respecto de xeito irresponsable, creando falsas expectativas ó profesorado. Ademáis hai que diferenciar entre o sistema de acceso e de provisión de postos. Acceder a unha praza de funcionario nunha especialidade non implica a obtención dunha determinada definitiva sen pasar por un CXT. 

-Un punto relacionado coa actualidade céntrase na precarización que se pode dar no profesorado itinerante. Dada a imparable subida do coste de carburantes, é inevitable que este persoal se vexa moi afectado nas súas retribucións. Plantexamos una revisión da compensación que se lles viña establecendo.

-Unha última demanda que lle plantexamos á Consellería é que debería ir trazando un plan de continxencia para incorporar coas máximas garantías ó alumnado que acollamos das familias de refuxiados de Ucraína.

Temos dispoñible aquí o noso Informa-t  con toda a información e incluíndo tamén a resposta da administración.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.