O vindeiro mércores 9 de marzo celebrarase unha Mesa Sectorial na que se debatirá cos responsables da Consellería de Educación, entre outros puntos, sobre Anteproxecto de Decreto polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Podes consultar aquí o borrador ó respecto.
Se estás interesad@, dende a UGT Ensino escoitamos as túas posibles aportacións e suxestións para presentalas nesta reunión. Por iso, fainos chegar as túas aportacións a través do liberado da túa zona ou escribíndonos ó correo ensino.compostela@ugt-sp.ugt.org